1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Juanillo desgrana a xornada futbolística para Camarinas.eu

No domingo no que toda España elexía aos seus mandatarios municipais e tres cuartas partes da mesma aos correspondentes ás administracións autonómicas disputábanse dúas fases de ascenso nas que se ventilaba a tempada futbolística de camarinas.eu. Amargos resultados os acadados por Camariñas e Cerceda que no primeiro caso cortaron en seco as aspiracións camariñanas cara á Primeira Rexional e que no segundo poñen moi costa arriba o camiño que leva en liña recta cara á Segunda División B do fútbol español. Con todo, a semellanza do Real Madrid, os pupilos de Manolín fía toda a súa sorte ao torneo do K.O. onde o Nantón constitúe o único obstáculo cara a terceira Copa da Costa do Camariñas FC. Asemesmo e de torneos copeiros falando, este vindeiro domingo, e despois dunha tempada marcada polos shows, os escándalos, jaleos varios e abandonos precipitados polas circunstancias máis lamentables, terá lugar a final da Copa da Liga das Viejas Leyendas. Esperemos que, polo menos, a final discurra sin incidentes.


FASE DE ASCENSO A SEGUNDA DIVISIÓN B
LLAGOSTERA 2-0 CERCEDA

Toca encomendarse ao espíritu JUANITO, esas remontadas memorables do Madrid daquel dorsal número sete mítico de Fuengirola que tantas voltas deron ao redor do mundo. Foi un partido duro, onde o Llagostera saleu mellor ao campo e aproveitou os fallos nosos para marcar. Pese a todo, o Cerceda puido marcar un gol que hubese cambiado a situación da eliminatoria. Temos fé e estamos convencidos de que en Cerceda o Llagostera vai a sufrir moito, confiamos na remontada este vindeiro domingo 29 de maio a partires das 6 da tarde no estadio municipal de O Roxo.

FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA REXIONAL
CARRAL 1-1 CAMARIÑAS

No minuto 95 de partido o Camariñas perdeu toda opción de continuar a loita para acadar o ascenso á primeira regional. Partido moi serio dos homes de Manolín que demostraron en Carral todo o seu potencial e tan só aun golpe de sorte os privou de continuar esta fase de ascenso. O Camariñas xogou un gran partido e no minuto 76, Brais facía xustiza e acadaba o 0-1 que lle daba paso a seguinte eliminatoria. Pero chegaría o fatídico minuto 95, nun balón que colga o porteiro do Carral dende o seu campo, Pombo quédase a media saída debido a que o vento cambia a traxectoria do balón que é peinado cara a portería camariñana por un xogador local que marca o definitivo 1-1. Mala sorte i eliminación do Camariñas. Pese a todo, noraboa pola magnífica tempada feita.

COPA DA COSTA
CAMARIÑAS 6-1 INDEPENDIENTE DE CARBALLO

Tocaban tambores de guerra no Hermanas Patiño e tocaba remontada histórica, 3 eran os goles que tiña que remontar o Camariñas e finalmente conseguiuno demostrando a súa superioridade ante un equipo visitante que non sabía por donde lles atacaban. Agora toca o Nantón en semifinais, o primeiro partido será este vindeiro domingo en Nantón. Moita sorte para o Camariñas!!!

CAMPEONATO DE FUTBOL 7 AS BALEAS: BENXAMÍNS
AS BALEAS 4-2 CAMARIÑAS

Partido competido donde finalmente impúxose a maior calidade dos benxamíns das Baleas nun partido moi disputado.
AS BALEAS 7-3 CAMARIÑAS
Foron superiores os alevíns das Baleas nun encontro onde se notou a superioridade dos Joseba e compañía.

NOTA

ESTE VINDEIRO DOMINGO, DISPUTARASE A GRAN FINAL DA LIGA DE VETERÁNS DE FÚTBOL SALA NO PABELLÓN CAMARIÑÁN ÁS 6 DA TARDE. HABERÁ TROFEOS PARA O CAMPEÓN, SUBCAMPEÓN, MÁXIMO GOLEADOR, MELLOR XOGADOR E MELLOR PORTEIRO. TÓDOLOS TROFEOS PATROCINADOS POR CONSTRUCCIONES Y OBRAS JOSÉ ANTONIO DE CERCEDA. DENDE CAMARINAS.EU, QUEREMOS AGRADECER A JOSÉ ANTONIO SILVEIRA SÁNCHEZ, O PROPIETARIO DA EMPRESA, O SEU PATROCINIO NESTA LIGA.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.