1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Toda a xornada futboleira do concello por Juan Cabrejo

Se hai 15 días os ollos deportivos do Concello de Camariñas estaban pendentes do que acontecía no Pavillón de O Areal, nesta fin desemana viraron os seus tomavistas cara o flamante Estadio Hermanas Patiño onde desta volta quen se xogaba a vida nunha fase de ascenso era o emblemático FC Camariñas. E así nun encontro co forte vento do nordeste como protagonista os camariñáns enfrontábanse ao Carral nunha eliminatoria na que todo quedará pendente do encontro de volta. Por outra parte o Cerceda de Juanillo segue o seu paseo triunfal pola Terceira División galega á espera da súa vital fase de ascenso. Son chegadas as datas nas que todo se xoga nesa clase de eliminatorias que serán recordadas durante décadas...

CAMARIÑAS 2-2 CARRAL
Desperdiciou o Camariñas de Manolín un dous a cero favorable nun partido marcado polo moitísimo vento que houbo no Hermanas Patiño. O Camariñas saleu coma un cohete e en 15 minutos metía dous goles, primeiro Juan o Vello que demostra o gran futbolista que é, e despois De
La Sierra, marcarían para o Camariñas. Na segunda metada, co aire en contra, os Camariñáns recibirían 2 goles que deixan a eliminatoria pendente do partido de volta que se disputará en Carral este próximo Domingo 22 de maio. Estamos seguros de que o Camariñas vai pasar a eliminatoria. Moita sorte!!!!

COPA DA COSTA
INDEPENDIENTE DE CARBALLO 3-0 CAMARIÑAS

Varapalo o que levou o Camariñas en Carballo nun encontro onde Manolín reservou a moitos xogadores e iso notouse. Tocará intentar a remontada do ano este próximo sábado no Hermanas Patiño onde o Camariñas sairá có equipo de gala.

COPA DA COSTA DE VETERÁNS
PORTEÑO 0-1 AT. MILAGROSA

Roubo monumental o que sufriu o Porteño ante o Milagrosa nun encontro marcado pola labor arbitral que foi favorable en todo momento ao equipo visitante. O gol dos visitantes foi de penalti, un penalti que se inventou o colexiado. Ademais, para colmo, anularíalle un gol legal a Javi Baña. Parece ser que é imposible derrotar a un equipo carballés, se o ano pasado era o Camariñas o que sufría una actuación arbitral nefasta nas semifinais ante o Bergantiños, agora tocoulle ao Porteño ver como por culpa dun árbitro para colmo de Carballo, non pode pasar ronda.
Xa está ben!!!. Noraboa de tódolos xeitos ao Porteño por esta tempada.

LIGA DE FUTBOL 7 AS BALEAS
BENXAMÍNS: BAIO 7-0 AS BALEAS

Caeron os nosos benxamíns en Baio nun encontro onde os baieses foron superiores-.

ALEVÍNS: BAIO 3-5 AS BALEAS
Victoria dos alevíns das Baleas en Baio nun encontro moi disputado onde finalmente se impuxo a calidade do conxunto camariñán. A vindeira xornada haberá derbi, As Baleas enfrontarase ao Camariñas.

NOTA
Decir que a nosa Karen, disputará este fin de semana o campeonato Galego de Badminton. Moita sorte e a por todas Karen!!!. Estamos seguros de que vas a triunfar.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.