- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 13 Novembro 2007 13 Novembro 2007
O deporte camariñán en ascenso este fin de semana

Este fin de semana os nosos representantes deportivos (F.C. Camariñas, Porteño, Club Balonmán Camariñas e os Veteranos de fútbol do FC Camariñas) estiveron de noraboa ao traer bos resultados cada un dos equipos nos seus respectivos partidos. Dentro desta nova podes ver un enlazo hacia a galería fotográfica do partido no que os Veteranos do F.C. Camariñas se impuxeron no mítico pero destartalado Campo da Grixa da Ponte do Porto ao Baio por 2 a 1.
A excepción á regla foi o Porteño que se enfrontaba como visitante a un peso pesado da Costa: o Unión Club Cee. Este partido rematou, desgraciadamente, cun marcador de 5 - 0 para o Cee. O Fútbol Club Camariñas conseguíu unha importantísima victoria ao derrotar este sábado en Vimianzo ao líder da 2ª autonómica, o Ponteceso, por un tanteo de 1 - 0, resultado co que o Camariñas se coloca nos postos altos da clasificación. Pola súa banda, o Club Balonmán Camariñas traeu consigo desde Cangas a súa primeira victoria coma visitante ao derrotar ao equipo local por un tanteo de 30 - 34. Parece ser que haberá que estar moi atentos aos equipos camariñáns en vista de grandes fazañas. No Arquivo Fotográfico desta web podes ver unha galería especial adicada ao equipo de Veteranos de Camariñas no seu partido deste domingo contra o Baio que gañaron no último minuto 2 - 1 despois de ir perdendo todo o partido por 0 - 1.
Galería Fotográfica do Partido