1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Juanillo colleu as rendas do Xaviña no Torneo da Mostra 2011

Á vista de edicións precedentes, si en algo floxeou a XXI Mostra do Encaixe foi na organización do Torneo de Fútbol porque, tampouco nos imos enganar, a cousa non foi para tirar cohetes. Visto o estado da situación, en xornada de venres o Municipal do Hermanas Patiño viuse privilexiado ca chegada de visitantes ilustres, ex-históricos do mellor FC Camariñas da historia, que tal e como andaba o día (chuvia continuada durante máis de 30 horas) e o espectáculo sobre o terreo de xogo, optaron por marchar como cohetes para a cantina e ahí fui arder Troia a base de carajillos. Con todo, o torneo de fútbol da derradeira edición da Mostra pasará a historia como o debut oficial nos banquiños de toda unha lenda sobre os terreos de xogo, Juanillo, que por encargo do Florentino Pérez da Costa Atlántica, Isaac Caamaño, fíxose cargo do plantel do Xaviña FC, e cunhas impresionantes leccións tácticas que deixarían boquiaberto ao mellor Jose Mourinho logrou manter á raia ao mesmísimo Camariñas ata que os obrigados cambios cos que facer xogar a tódolos convocados botaron por terra toda a boa labor anterior. Aquí queda para a historia do deporte rei a presente galería fotográfica.

CERCEDA 4-0 MESÓN DO BENTO
Victoria cómoda ante o Mesón do Bento que nos deixa a tan só 3 puntiños de ser campeóns de liga a falta de 3 xornadas por disputarse. Os goles foron obra de Souto, César Otero, Franqueira e Aitor, todos eles na segunda metade. Podemos cantar o alirón o vindeiro domingo en Santa Comba, unha victoria e a liga terá dono, un título que nos daría dereito a xogar a vindeira edición da Copa do Rey, tan famosa este ano porque a gañou o Madrid (ahí queda eso….) e tamén xogaríamos a fase de ascenso a segunda división B tendo duas oportunidades para subir.

COPA DA COSTA, PARTIDO DE IDA: PORTEÑO 1-1 MUXÍA
Partido disputado de poder a poder o que enfrentou ao Porteño có Muxía e que acabou en táboas. Chori adiantaría aos Muxiáns e Quilmas a tan só 5 minutos do remate do encontro, acadaría o empate para os homes de Gerpe. Quedan as espadas en todo o alta para o próximo partido de volta que se xogará en Muxía e no que os da Ponte do Porto de seguro van a pasar a eliminatoria.

FÚTBOL 7. ALEVÍNS
MUXÍA 5-6 AS BALEAS

Tiveron que loitar moito os nosos alevíns para poder doblegar a un correoso Muxía que loitou ata o final pero que non puido cás Baleas. Decir que os benxamíns non xogaron porque o Muxía non tiña equipo nesa categoría.

AS BALEAS 1-13 DUMBRIA
Goleada a que recibiron os nosos alevíns ante un Dumbria que ten pouco de Dumbria, valga la redundancia, pois son todos xogadores escollidos dende Santiago para baixo. Os benxamíns non xogaron xa que o Dumbria non ten equipo de benxamíns. A vindeira xornada, As Baleas xogarán en Vimianzo o próximo Domingo.

{phocagallery view=category|categoryid=623|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.