1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Camarinas.eu está en condicións de afirmar que durante os vindeiros días 6, 7 e 8 de maio de 2011  finalmente celebrarase en Camariñas a fase de ascenso á 1ª División Nacional de balonmán. Xogadores, aficcionados, técnicos e directivos dos tres clubs aos que se medirá o CB Camariñas, P. C. Salamanca (Campeón de Castela-León), Universidad de La Laguna-Tenerife (Campeón de Canarias) e Bm. Plasencia (Campeón de Extremadira), veranse desta maneira obrigados a pernoctar en Camariñas durante o fin de semana no que se ventilará o conxunto que ascenderá a tan ansiada 1ª División, co que elo ten de impulso económico para o Concello de Camariñas. Elo sin contar a posibilidade de que algún que outro aficcionado ao balonmán en Galicia se deixe caer por estos pagos así como xornalistas que veñan a cubrir o evento. Ademáis, xogando na súa casa, co seu público volcado, as posibilidades de ascenso do CB Camariñas entendemos que se elevan expoñencialmente.

A fase de ascenso terá a forma de liguilla na que todos xogarán contra todos, sendo o que finalmente quede como líder de grupo o que ascenda á 1ªDivisión. Cinco fases de ascenso máis estarán repartidas ao longo da xeografía nacional. A orde dos encontros do conxunto camariñán será o seguinte: venres 6 de maio, CB Camariñas-Universidad de La Laguna-Tenerife; sábado 7 de maio, CB Camariñas-Bm Plasencia; e domingo 8 de maio, CB Camariñas-C.P. Salamanca. Desta forma durante tres días de maio Camariñas será a capital galega do balonmán, tres días que esperemos rematen co histórico e merecidísimo ascenso do Conservas Boya á categoría nacional. Nunca o soño estivo tan preto.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.