- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 16 Abril 2011 16 Abril 2011
Cando alá polo mes de setembro lle preguntamos aquí en camarinas.eu ao noso experto en balonmán, José Manuel Canosa Campaña, como se presentaba a tempada que recén se aveciñaba, a resposta fui clara: os obxectivos son máximos, posiblemente a mellor plantilla da historia, o ascenso será a nosa meta. Por elo non fui unha sorpresa cando nas últimas horas da tarde deste histórico 16 de abril de 2011 unha voz emocionada ao outro lado do tendido telefónico, facéndose un oco a duras penas entre os gritos de algarabía, de xustificado festexo incontrolado dun vestiario campeón, nos constataba dende o hexemónico sur galego a boa nova: por primeira vez na súa historia o balonmán camariñán saía campeón da 2ª División Autonómica tras unha heroica victoria por 29 a 33 no Pavillón Municipal de Bueu.
Deste modo o monopolio dos equipos provintes da provincia de Pontevedra con todo o seu peso de miles de toneladas de poder económico, federativo e arbitral, quedaban reducidas a cinzas por un día ca victoria acadada en cancha foránea por unha miragre deportiva chamada CB Camariñas, unha illa remota no arquipiélago maiormente sureño do balonmán galego. A partires de agora haberá tempo de pensar na fase de promoción de ascenso, derradeiro paso para acabar de rematar definitivamente o esforzo exemplar desenrolado ao longo desta tempada, pero o acadado neste histórico sábado 16 de abril de 2011, todo un campeonato da 2ª División Autonómica cando a maioría dos corazóns e almas deportivas tal vez estaban distraídos no primeiro da serie de catro encontros que determinarán o devenir futuro do fútbol mundial durante a vindeira década é historia. A historia dun equipo campeón. Aos xogadores, corpo técnico e directiva do Club Balonmán Camariñas: felicidades e gracias. Gracias por pasear o nome do noso concello por toda Galicia ca aura dun equipo campeón.
{phocagallery view=category|categoryid=612|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}
Comentarios
¡¡¡¡ FELICIDADES, CAMPEONS.
Antonio Puertas
Ahora a disfrutar na fase de ascenso.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.