1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Karen e Pablo, dous xóvenes deportistas  que representarán a Camariñas nos Campeonatos GalegosContinúan as boas novas entre as máis xoves xeracións de deportistas camariñáns. Aos éxitos nas porterías de Jorge Vázquez cas súas repetidas convocatorias pola Selección Coruñesa de fútbol 7 e de de Javi Valencia Vigo ca súa fichaxe polo Deportivo da Coruña de categoría benxamín, esta semana sabíamos de dúas novos triunfos do deporte camariñán. Trátase da convocatoria de Pablo Rodríguez Linares pola Selección Coruñesa de balonmán alevín para disputar o Campeonato Galego por provincias o vindeiro 21 de abril, así como a participación de Karen Rodríguez Carril no Campeonato de Galicia de bádminton a que terá lugar na Serra de Outes o 21 do próximo mes de maio. Neste sentido cómpre destacar que Karen ven de acadar o segundo posto nos campeonatos provinciais desputados o derradeiro fin de semana no Club de Mar da Coruña e segue a tradición familiar iniciada pola súa prima Sara que estas pasadas navidades formaba parte da Selección Galega Infantil de balonmán que quedaba séptima nos Campeonatos de España da categoría desputados en Cáceres (Extremadura). Polo tanto a forte aposta polo deporte realizada dende o Concello de Camariñas  da os seus frutos e os nosos xoves deportistas destacan a nivel galego nas diferentes disciplinas deportivas. Xa está acadadado o máis importante: participar nuns campeonatos a nivel autonómico, por elo non convén obsesionarse con gañar e saír campeóns. ¡¡A DESFRUTAR CHAVALES!!

 

Comentarios   

Beldoña
+1 # RE: Xoves Campeóns CamariñánsBeldoña 14/04/2011 13:59
VEÑA CHAVALES, que tendes que chegar moi arriba.
Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.