- Escrito por juan cabrejo juan cabrejo
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 11 Abril 2011 11 Abril 2011
A semellanza do acontecido polos campos máis importantes de Europa cos cuartos de final da Champions League, xa están decididas as semifinais da Copa das Viejas Leyendas de Camariñas tras uns cuartos de final onde ao final non houbo sorpresas nos encontros disputados. O Frio Darío e Bar Gaviota disputaranse un posto na final. O outro finalista sairá da elimininatoria a disputar entre o Puerto Arnela e o Cerdeimar. As dúas semifinais disputaranse a partido de ida e volta, sendo o primeiro deles, o vindeiro 1 de maio. En días posteriores xa publicaremos o horario cando nos sexa remitido por parte da organización.
{xtypo_rounded_right2}
GOLEADORES:
1) O Rubio (Pto.Arnela) 17 goles
2) Elvis (Frio Dario) 16 goles
Piché (Cons. Mantido) 16 goles
4) Nando (Frio Dario) 15 goles
5) Alberto (Kerubín) 13 goles
6) M.Bajeras (Bar Gaviota) 12 goles
7) Perilla (Cerdeimar) 11 goles
Chocolate (Kerubín) 11 goles
{/xtypo_rounded_right2}
LIGA DE VETERÁNS DE FÚTBOL SALA AS BALEAS
FRIO DARÍO – CARNICERÍA PILAR
Eliminatoria na que xa estaba clasificado de oficio o acorazado futbolístico burián ao non xogarse o encontro de ida por incomparecencia por falta de efectivos do Carnicería Pilar.
BAR GAVIOTA 4-1 PANADERÍA LEÓN-BRIALEX
Era unha eliminatoria que xa estaba practicamente sentenciada no partido de ida, e o Bar Gaviota non quixo que houbera lugar a dúbidas e voltou a gañar o encontro de volta de novo. Manolo Bajeras con 3 goles e Ameal con 1 gol , foron os goleadores do Bar Gaviota. Rolando foi o goleador do Panadería León. Destacaron Manolo Bajeras e Mauri por un lado e Kiko e Alberto polo outro.
PUERTO ARNELA 7-2 CONSTRUCCIONES MANTIDO
Non quixo o Arnela que o Cons. Mantido tivesen opción algunha de remontar e para elo dende o primeiro minuto foron a gañar o partido como o demostra o marcador final. Fran con 3 goles, Roski con 2 e Carlos con 2 goles, foron os goleadores do Puerto Arnela. Piché anotou os 2 tantos do Cons. Mantido. Destacaron Carlos e Fran por un bando e Varela e Piché polo outro.
CERDEIMAR 8-4 KERUBÍN
Parecía que ía ser unha eliminatoria igualada pero finalmente o Cerdeimar demostrou ser superior ante un Kerubín que quixo pero non puido. Jose, Perilla, Diego e Chocolate con 2 goles cada un foron os goleadores do Cerdeimar. Alberto con 2 goles, Chocolate con 1 gol e Pedro con outro gol, foron os goleadores do Kerubín. Destacaron Chocolate e Perilla por un lado e Pedro e Coco polo outro.
