- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 05 Abril 2011 05 Abril 2011
Hai xusto dous anos o noso usuario Sergio Pasantes Campaña sorprendíanos a todos cunhas imaxes nas que nos daba a coñecer a súa participación nunha proba pensada para auténticos superhomes: os 101 km en 24 horas de Ronda, evento organizado polo 4º Tercio, Alejandro Farnesio, da Legión Española. Aquela experiencia debío deixarlle un moi boi sabor de boca, porque na 15ª edición a desenrolar na malagueña vila de Ronda entre o 6 e o 8 do vindeiro mes de maio repetirá participación. O listón a superar deixouno moi alto na súa primeira experiencia atlética: o posto 41 entre os militares e o 192 entre o total de máis de 2.500 participantes, completando o percorrido total da proba nunha impresionante marca de 13 horas e 21 minutos.
Polo tanto dous anos despois repite o noso Sesinho participación nunha das probas de esforzo e resistencia máis duras do mundo, tempo no que importantes cambios acaeceron na súa vida. O primeiro deles foi o traslado da súa residencia a San Fernando (Cádiz) destino actual deste camariñán soldado profesional dende hai xa uns cantos anos. Despois ven a voda ca súa moza de toda a vida, Pamela Rey, un sábado 22 de agosto de 2009 no Castelo de Vimianzo e o último e sen dúbidas o máis importante de todos, foi o nacemento da súa preciosa filla Nahía un 27 de maio de 2010. De feito a pequena debe dar pouca guerra e portarse como unha bendita no fogar cando poucas días antes do seu primeiro cumpreanos o seu pai decida dar o paso de volver a competir nunha proba da dureza inhumana dos 101 km de Ronda.
Por outra parte e en canto a probas de resistencia se refire este pasado domingo 3 de abril de 2011 tivo lugar en Zas a V Carreira Pedestre Popular da Costa da Morte cunha distancia de 10 km e na que estivo presente unha nutrida representación camariñana. O primeiro dos nosos mediofondistas foi un ano máis José Manuel Rodríguez Tajes, que repoñéndose nun tempo récord ao duro mazazo sufrido por todos os madridistas na tarde do día anterior ca letal derrota ante o Sporting, acadou un máis que meritorio posto 62. Tras él alcanzaron a meta Luis de Quecha (posto 73), Roberto Rajoy, Policía local do concello (posto 89) e o empresario de peixe arouán José Rey Camiño (posto 94). A anécdota constitúea o feito de que este último é nin máis nin menos que o sogro do noso Sergio, é decir, o pai de Pamela Rey, polo que ¿quen sabe se algún día vemos a ámbolos dous, ao pai e abuelo da pequena Nahía, participando xuntos man a man nos 101 km da Lexión?


Comentarios
Eso si Sesiño... Estás rachado para correr tantos kms.jejejejeje.
Un saludo e muita suerte crack!!!
FELICIDADES CAMPEÓN
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.