1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os cuartos de final preséntanse emocionantes para este fin de semana

Xornada de cuartos de final na que dúas eliminatorias están sentenciadas (unha delas sobre todo porque non se presentou o carnicería Pilar ante o Frio Darío), e outras duas están apretadas, inclinadas cara un lado pero moi pouco. Xornada a que se viviu no Pabellón do Areal moi tranquila despois do acontecido a semana pasada onde o Carpintería Alberto decidiu abandoar a competición por diversos motivos.

FRIO DARÍO – CARNICERÍA PILAR
Partido que non se xogou porque o Carnicería Pilar non tiña efectivos suficientes para poder xogar.

{xtypo_rounded_right2}

GOLEADORES:
1) O Rubio (Arnela) 17 goles
2) Elvis (Frio Darío) 16 goles
3) Nando (Frio Darío) 15 goles
4) Piché (C. Mantido) 14 goles
5) Martín (B. Gaviota) 11 goles
6) Alberto (Kerubín)

{/xtypo_rounded_right2}

BAR GAVIOTA 7-2 PANADERÍA LEÓN-BRIALEX
Partido no que o Bar Gaviota foi mellor e deixou a eliminatoria prácticamente sentenciada. Marcaron Manolo Bajeras 5 goles, Sergio 1 gol e Bruno en propia meta. Por parte de Pan. León marcou Suso Chupito os 2 goles. Destacaron Manolo Bajeras e Mauri por un bando e Chupito e Rolando polo outro.

CONSTRUCCIONES MANTIDO 3-5 PUERTO ARNELA
Partido onde o Cons. Mantido puxo en moitos apretos ao Puerto Arnela, aínda que estes últimos lograron a victoria final. O partido de volta preséntase apaixoante. Marcaron Piché 1 gol, Varela 1 gol e Dani outro gol. Por parte do Puerto Arnela marcaron Rubio 2 goles, Manolo 1 gol, Jamela 1 gol e Fran 1 gol. Destacaron Varela e dani por parte do Cons. Mantido e Manolo e O Rubio por parte do Puerto Arnela.

CERDEIMAR 3-2 KERUBÍN
É a eliminatoria máis igualada ata o momento,e o partido que disputaron ámbolos 2 equipos dou un resultado que deixa as espadas en todo alto, unha lixeira vantaxe para Cerdeimar pero non isalvable para o Kerubín. Perilla con 1 gol, Diego con 1 gol e Dani con outro foron os goleadores do Cerdeimar. Alberto con 2 goles , foi o goleador do Kerubín. Destacaron Perilla e Diego por un bando e Alberto e Chocolate de Arou polo outro.

{xtypo_rounded2}

Para o vindeiro Domingo, xogaranse os partidos de volta de cuartos de final:

16:00 H. CARNICERÍA PILAR - FRIO DARÍO (pasou eliminatoria o Frio Darío)
17:00 H. BAR GAVIOTA - PANADERÍA LEÓN-BRIALEX
18:00 H. CONSTRUCCIONES MANTIDO - PUERTO ARNELA
19:00 H. KERUBÍN - CERDEIMAR

{/xtypo_rounded2}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.