- Escrito por juan cabrejo juan cabrejo
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 22 Marzo 2011 22 Marzo 2011
Penúltima xornada da fase regular do torneo do K.O na que os equipos engrasan as súas máquinas ante os temidos cruces finales. O Frio Darío gañou tódolos partidos xogados ata o momento e parece ser o rival a batir. Pola súa contra, o Construcciones Mantido có fichaxe estrela de última hora de Varela gañoulle ao Carpintería Alberto no duelo da xornada. Salientar, o primeiro punto acadado polo Carnicería Pilar ante o Bar Gaviota, unha reacción que chega tarde. Abróchense os cinturóns e prepárense para despegar, porque chega a derradeira xornada, a que vai derimir os cruces de cuartos de final.
{xtypo_rounded_right2}
CLASIFICACIÓN
1) Frio Darío 21 pts
2) Puerto Arnela 21 pts
3) Cerdeimar 10 pts
4) Panaderia León 10 pts
5) Kerubín 8 pts
6) Cons. Mantido 7 pts
7) Carp. Alberto 7 pts
8) Bar Gaviota 7 pts
9) Carniceria Pilar 1 pts
GOLEADORES
Rubio (Puerto Arnela) 15 goles
Nando (Frio Darío) 14 goles
Elvis (Frio Dario) 12 goles
Piché(Cons. Mantido) 12 goles
{/xtypo_rounded_right2}
CONSTRUCCIONES MANTIDO 6-5 CARPINTERÍA ALBERTO
Notouse a fichaxe de varela por parte do C. Mantido que lograron vencer ao Carp. Alberto nun partido onde houbo emoción dende o principio ata o fin do mesmo.
Varela con 4 goles e Piché con 2 foron os goleadores por parte do C. Mantido, mentres que por bando do Carp. Alberto marcaron Victor 4 goles e Fran 1 gol.
Destacaron Varela e Dani por parte do C. Mantido e Víctor e Tono (Toribio) por parte do Carp. Alberto.
CERDEIMAR 2-3 FRIO DARÍO
Tivo que loitar moito o actual líder, o Frio Darío para doblegar ao Cerdeimar. Partido moi disputado e con alternativas na que finalmente o líder impúxose por un gol de ventaxa.
Dani (Trastorno) anotou os 2 goles do Cerdeimar. Darío, Arturo e Elvis foron con 1 gol cada un os goleadores do Frio Darío.
Destacaron Perilla e Dani(Trastorno) por parte do Cerdeimar e Arturo e Manel por parte do Frio Darío.
PUERTO ARNELA 5-1 KERUBÍN
Partido onde o actual segundo clasificado, o Puerto Arnela, solventou con maior facilidade da prevista.
O Rubio con 2 goles, Manolo 1gol, Vi 1 gol e Roski 1 gol, foron os que marcaron por parte do Puerto Arnela.O goleador do Kerubín foi Alberto que anotou o único gol do seu equipo.
Destacaron O Rubio e Pedro por parte do Puerto Arnela, entras que polo Kerubín destacaron Alberto e Manu.
BAR GAVIOTA 1-1 CARNICERÍA PILAR
Primeiro punto do Carnicería Pilar nete torneo de Copa e conseguiuno ante o Bar Gaviota nun encontro disputado de poder a poder e onde finalmente émbolos conxuntos firmaron táboas no casilleiro.
Ámela anotou o gol do Bar Gaviota mentres que por parte do Carnicería Pilar marcou José Manuel.
Destacaron Manolo Bajeras e Roberto por parte do Bar Gaviota, mentres que José Manuel e Pión foron os destacados por parte do Carnicería Pilar.
PRÓXIMA XORNADA( última antes dos cruces de cuartos de final)
16:00 H. CONSTRUCCIONES PILAR – FRIO DARÍO
17:00 H. BAR GAVIOTA – KERUBÍN
18:00 H. CERDEIMAR – CARPINTERÍA ALBERTO
19:00 H. CONSTRUCCIONES MANTIDO – PANADERÍA LEÓN BRIALEX