1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Unha nova victoria das nosas rapazas do Encaixe-CamariñasO BM. Encaixe Camariñas suma 2 puntos importantes ante o BM. Narón. As camariñáns estiveron por diante no marcador durante todo o encontro, afianzándose una renda de 4-5 goles na segunda parte. A forte defensa 6:0 e as numerosas interceptacións por parte do Encaixe facían sumar tantos importantes e agrandar a diferencia de goles. A defensa mixta ante Kris plantexada polo adestrador da comarca do Ferrol Terra permitía crear espacios aproveitados por Laura, Juana e Aida para anotar.

“Só nos quedan dous encontros por disputar; un deles é asequible e intentaremos arrincar unha victoria. Os dous puntos logrados esta semá axudanme a valorar positivamente o traballo que están a facer as xogadoras en canto e responsabilidade e esforzo nos adestramentos ”afirma a adestradora Mónica Barreiro.

BM. ENCAIXE CAMARIÑAS (29): Sara e Sandra (porteiras); Juana(3); Kris (5); Aida (8); Sheila(1); Nerea; Vero (2); Cris Sande; Laura (6); Fátima; Karina; Alicia (4).
BM. NARON (23): Jennifer e Raquel (porteiras); Alesandra; Lucia (6); Jessica; Sofía (1); Silvia (1); Carla; Iris (1);Noelia (4); Nerea (6).

{phocagallery view=category|categoryid=578|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

 

Engadir un comentario