1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Un partido perdido na casa que non debe minar as nosas aspiraciónsPresentabase no Areal un dos equipos favoritos para acadar o titulo, un Cangas que nesta segunda fase non destacaba por acadar moitos goles, pero dende que rematou a primeira volta os nosos rapaces perderon ese nivel de intensidade e concentración defensivas cos levou a colocarse lideres e permanecer seis semanas no mais alto da clasificación, e iso o Cangas aproveitouno cun partido sobrio e serio, todo o contrario cos nosos rapaces, que no día de onte concederon demasiadas ventaxes o rival, cometendo erros infantís que semellaban superados.

Ainda asi a igualdade foi a tónica do primeiro tempo, con sucesivos empates e ventaxes de un gol para un e outro bando, no bando local Felipe mantiña o resultado cos seus lanzamentos explosivos e inesperados que conseguian sorprender o porteiro visitante.

Os do Morrazo aproveitaban a relaxación local nos seus repliegues, e atopaban dexaxustes defensivos que comenzaban pola esquerda e finalizaban pola dereita.Pero este plantexamento de intercambiar goles non e beneficioso para os nosos, e cando os erros habituais de calquera encontro veñen acompañados de erros "non forzados" coma sucedeu, o rival consigue unha ventaxe no marcador e a partires de ahi chegan as prisas, a ansiedade, e mais cousa ainda peores..., como "regalar" o rival superioridades numéricas.

Taboa clasificatoriaAinda así chegouse o descanso cun 15-16 a prol dos visitantes, que podía ser arranxado se o nivel defensivo trocaba..., pero iso non sucedeu, existen exemplos varios, imaxes concretas que poden resumir o estado de ánimo dun equipo o longo dun encontro, o seu estado de concentración, etc., e cando se ven os extremos do rival circular sen oposición da defensa, chegando ate o centro da mesma sen antes ser retidos ou "cantados" fala ben destes aspectos; se o rival chega a zona central ate os oito metros e lanza sen oposición; se  non se identifica o perigo do rival e se está a pensar simplemente no ataque anterior ou seguinte pouco se pode facer por gañar un encontro.

Logo dos erros chegan os "parches", cambios de sistemas defensivos, xogadores, etc, pero o mal xa está feito, e non se pode tapar con "adornos" a falta do verdadeiramente importante a hora de defender.

Polo tanto a segunda mitade viu a ser un calco da primeira, O Cangas iba por diante, pero sin ser capaz de despegarse mais de dous goles, e os nosos rapaces que intentaban achegarse sen conseguilo, xa que o que acadaban no ataque, perdiase na defensa, o tempo iba pasando e as precipitacións iban aumentando e o Cangas aproveitabao ben para despegarse un pouco e chegar ate os catro goles coincidindo con algún "regaliño" local.

Chegabase os derradeiros dez minutos e tiveronse oportunidades de achegarse ate os dous goles con superioridade, pero a falta de paciencia, e o querer meter goles a pares evitou que se tivera oportunidades de recuperar o terreo perdido.

Destacar no Boya a Felipe que mantivo o equipo no marcador cos seus lanzamentos.

Quedan 5 xornadas para rematar a competición e todo ainda por decidir, chegan unhas xornadas nas que os nosos rivais pola parte alta enfrontase entre si, e iso debe ser aproveitado polo Boya, pode que esta situación non se volte a repetir en anos, e non aproveitala por unha mala mentalidade seria algo do que arrepentirse, así que rapaces a erguerse que ainda non se perdeu nada.

{phocagallery view=category|categoryid=577|limitstart=0|limitcount=20|displayname=0|imageordering=9}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.