1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O cancerbeiro do Xaviña FC esta semana vío como só perforaban dúas veces a súa metaCurioso ver nunha pequena liga aficcionada como calquera das que poblan esta Costa da Morte dos nosos pecados reproducirse sistemáticamente os vicios e taras que se poden ver a cotío nos grandes e multimillonarios campeonatos ligueiros do mundo: cando as augas baixan revoltas, á descomposición deportiva sole sucederlle unha descomposición social, moral, estructural que antecede o derrumbamento máis absoluto. A persecución implacable, suicida, desesperada e  en ocasións xa desesperante que por segundo ano consecutivo vislumbramos nas alturas nas que moran os dous equipos posiblemente máis completos do planeta repítese asemesmo a velocidades de vértigo na autopista da Segunda Rexional. Equipos xoves e competitivos seguen apurando a marchas forzadas o vía crucis do seu ano iniciático cas vistas postas en futuras tempadas triunfais.  Para o segredo sagrado do vestuario deixamos vicios incofesables derivados de rencillas persoais e persecutorias (léase a de Forlán vs. resto da plantilla do Atl. de Madrid, léase a confesada no seu día nun jacuzzi (¿de whisky?) por J.B. Toshack de Raúl González Blanco cara Nicolás Anelka).

VILALONGA 1-2 CERCEDA
Victoria importante a que acadamos en Vilalonga despois de perder na casa e descansar outra xornada o que facia que ante o Vilalonga estiveran máis que 3 puntos en xogo. Meritoria porque dende o minuto 43 do primeiro tempo tivemos un home de menos e na segunda metade tivemos que traballar moito para aguantar o resultado. Comezamos perdendo pero en 5 minutos démoslle a volta ao encontro con goles de Manu Barreiro e Xaco. Seguimos de líderes, con 3 puntos de vantaxa sobre o Ferrol e eles aínda teñen que descansar un encontro. A próxima xornada enfrentémonos ao As Pontes en Cerceda.

PORTEÑO 0-5 MALPICA
Nova derrota do Porteño desta vez ante o Malpica. Baixan as augas revoltas no Porteño onde varios xogadores foron apartados e tan só dispuxo Gerpe de 13 futbolistas para este encontro. Pese a todo, non foi ata o segundo tempo e con un home menos cando o Malpica conseguía o primeiro gol e a partires de ahí todo foi máis doado para acadar esta goleada. Ten que rematar esta liga con dignidade o Porteño e tentar polo menos de quedar antepenúltimo por se acaso sube o segundo clasificado a primeira regional. A vindeira xornada, o Porteño xogará en Verdillo ante o San Lorenzo.

SOFÁN 1-1 CAMARIÑAS
Partido moi duro o que disputou o Camariñas de Manolín en Sofán onde obtivo un meritorio empate tras xogar case toda a segunda metade cun home menos por expulsión de Maikel. Adiantaríase pronto o Camariñas por mediación de De La Sierra, pero antes do descanso empataría o Sofán. Son 4 puntos os que ten de vantaxa o Ponteceso, pero o calendario favorece ao Camariñas. Importante o punto acadado que seguramente ao final da liga vai ter moito valor. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Dumbria B no Hermanas Patiño.

XAVIÑA 2-2 ALCAIÁN

Empate do Xaviña que serve para romper unha longa racha negativa de resultados. Tivo que remontar por 2 veces o cadro que dirixe Uxío. Primeiro Dani e despois Chapu que tan só levaba segundos no terreo de xogo foron os goleadores do Xaviña. A vindeira xornada, o Xaviña xoga en Corcubión ante o cadro local.

XUVENÍS. COPA DA COSTA

CAMARIÑAS 0-1 BAIO
Quedaron eliminados os rapaces do Camariñas que perderon por un tanto a cero ante o Baio despois de que empataran a cero goles no partido de ida
disputado en Baio.

VETERÁNS: CASTRIZ 3-0 CAMARIÑAS
Rompeuse a racha victoriosa do Camariñas que levaba 2 triunfos consecutivos. Esto unido a victoria do Vimianzo, fai que o Camariñas quede penúltimo e moi cerca do Cabana que é o equipo que marca o descenso. Importantísima a próxima xornada e moi complicada,onde o Camariñas xoga ante o Bergantiños.

VETERÁNS: PORTEÑO 1-3 CLUB DO MAR
Perdeu o Porteño ante o colista nun partido onde a priori parecía que o resultado ía a ser outro. Sorpresa no Hermanas Patiño onde os da Ponte do Porto non poideron con un rival teóricamente inferior. De tódolos xeitos, esta derrota non empaña a magnífica segunda volta que está a facer o Porteño. A vindeira xornada o Porteño xoga en Malpica ante o conxunto local.

AS BALEAS FUTBOL 7
BENXAMÍNS: CORISTANCO 5-7 AS BALEAS

Magnífico o triunfo dos noso máis pequechos onde gañaron de forma magistral ao Coristanco. Destacamos a actuación de todos e cada un deles. Noraboa e a seguir gañando!.

ALEVÍNS: CORISTANCO 6-2 AS BALEAS
Seguen os nosos alevíns sen ter a sorte necesaria para marcar goles, pois ocasións créanas e moitas. Desta volta perderon ante o Coristanco nun encontro onde o rival estivo máis atinado de cara a porta. Non se teñen que desanimar posto que os goles caerán. A vindeira xornada As Baleas reciben ao Baio. Será o sábado no Hermanas Patiño a partires das 16:00 horas.


Esto foi todo canto dou a xornada. Un saudo a tódol@s Usuari@s de CAMARINAS.EU, a web líder e de moda de toda Costa da Morte.

 


 

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.