1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O equipo Frío Darío un dos grandes nesta edición da Copa

Unha nota característica dos derbies é a da incertidume e incerteza respecto ao resultado final así como o carácter inexplicable do odio a morte entre os dous clubs en litixio. Dende a fundación da gran competición de masas da Costa Atlántica, si existe un clásico por excelencia é o que enfrenta ao Puerto Arnela co agora refundado Carpintería Alberto (ex Os Boliños), rivalidade que derivou nun principio do mesmo campo profesional (marisqueo) do que proviñan a meirande parte das plantillas dos clubs e que agora, cambiados nomes, caras e liñas deportivas, mantense por tradición e non fai senón crecer derby a derby. O derradeiro dos clásicos xogado este domingo tivo un resultado máis sorprendente que nunca cando o Puerto Arnela con puño de ferro apabullou por completo ao Carpintería Alberto endosándolle un inapelable cinco a un que promete un partido de volta para o que os ex-boliños preparanse a conciencia para vengar a dura afrenta infrinxida. O clásico promete emocións fortes e perpetúa unha rivalidade sen volta atrás.

{xtypo_rounded_right2}

CLASIFICACIÓN
Equipo-Partidos-Pts
1-Frío Darío 5 - 15
2-Pto. Arnela 6 - 15
3-Cerdeimar 5 - 9
4-P. León-Brialex 6 - 9
5-Carp. Alberto 5 - 7
6-Bar Gaviota 5 - 6
7-Kerubín 5 - 5
8-Const. Mantido 6 - 4
9-Carniceria Pilar 5 - 0

GOLEADORES
Rubio (Pto. Arnela) 12
Nando (Frio Dario) 11
Martín (Gaviota) 10
Piché (Mantido) 10
Manuel (Pan. León) 10
Elvis (Frio Dario) 9
Gonzalo (Mantido) 7
Fran (Carp. Alberto) 7

XORNADA 7ª
16:00 Cerdeimar-P.León/Brialex
17:00 Kerubín-C.Pilar
18:00 Frío Darío-C.Alberto
19:00 Bar Gaviota-Pto.Arnela
Descansa Cons. Mantido

{/xtypo_rounded_right2}

CRÓNICA DA 6ª XORNADA DA COPA DA LIGA

FRIO DARIO 6-4 KERUBÍN
Partido máis apretado do que a priori se podia esperar. O Kerubín plantoulle cara desde o inicio pero finalmente o Frio Darío impuxo o seu potencial e continúa como líder invicto. Marcaron Nando 5 goles, Arturo 1 gol por parte do Frio Darío. Alberto 2 goles, Fran 1 gol e Chocolate outro gol foron os goleadores de Kerubín. Destacaron Nando e Arturo por un bando e Alberto e Coco polo outro.

PUERTO ARNELA 5-1 CARPINTERÍA ALBERTO
Era o partido da xornada, o que levantou más expectación e finalmente o Puerto Arnela foi mellor e venceu con claridade. Jamela con 2 goles, Manolo 1 gol, O Rubio 1 gol e Rosquilleiro 1 gol foron os goleadores por parte do Puerto Arnela. Luis de Quecha foi o que meteu o gol do C. Alberto. Destacaron Jamela e Manolo por parte do Puerto Arnela e Luis de Quecha e Fran por parte do Carpintería Alberto.

CARNICERÍA PILAR 3-8 PANADERÍA LEÓN-BRIALEX
Segue sen poder puntuar o Carnicería Pilar nesta copa, nesta ocasión caeu claramente ante o P. León-Brialex. Litos 1 gol, José Manuel 1 gol e Juan con 1 gol foron os goleadores do C. Pilar. Por parte do P. León marcaron Alberto 2 goles, Bruno 2 goles, Manuel 3 goles e Kilo 1 gol. Destacaron Litos e José Manuel por un bando e Manuel e Kilo por outro.

CERDEIMAR 7-0 CONSTRUCCIONES MANTIDO
Partido que só tivo unha cor, a do Cerdeimar, que goleou claramente ao C. Mantido. Marcaron José Ramón 2 goles, Perilla 2 goles, Ramiro 2 goles e Jose 1 gol por parte do Cerdeimar.Destacaron Perilla e José Ramón por parte do Cerdeimar e Luis e José por parte do C. Mantido.


 

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.