1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Toda a xornada futbolística do concello da man de Juan CabrejoRecentemente nun Pleno do Concello aprobábase por unanimidade a aportación municipal que debrá financiar a reconstrucción do mítico pero xa de por si destartalado Estadio da Grixa da Ponte do Porto. Trátase dun proxecto que conlevará novas gradas, novo peche perimetral e un flamante piso de herba natural no que suporá o adeus definitivo á grava que tantas marcas deixou durante décadas nas pernas dos usuarios do lexendario recinto porteño. Tratábase dunha antiga reinvidicación existente na Ponte do Porto, que contaba cun sorprendente nivel de consenso e que os seus veciños anticipaban incluso á construcción dunhas novas beirarrúas, un novo saneamento en calqueira das seus vieiros ou ao asfaltado de calquer camiño. E nembargantes tralos últimos resultados acadados polo Porteño todo parece indicar que o estreo do estadio tan longamente anhelado, da lexítima reinvidicación tan insistentemente reclamada, terá lugar cun equipo sumido no pozo da Terceira Rexional. ¿Será a tempada 2011-2012 un ano sen clubs camariñáns na Segunda Rexional?

CAMARIÑAS 2-1 CORME
Partido máis cómodo do que o que di o marcador final. Seguen os de Manolín a estela do líder, o Ponteceso, que esta xornada non pinchou. O encontro comezou con dominio claro do Camariñas quen se adiantaría no marcador por mediación de Brais, un Brais que leva unha racha de goles nos derradeiros partidos moi importante. Non sentenciaría o Camariñas e iso aproveitaríao o Corme para empatar o encontro e poñer a incertidume no marcador. Pero aparecería Juan o Vello de novo, para facer un ha boa xogada e deixarlle o balón a Javi para que de un tiro cruzado batise ao porteiro cormelán e darlle 3 puntos ao seu equipo.
Segue o Camariñas sen perder comba ante o Ponteceso. A vindeira xornada o Camariñas terá que verse as caras có Sofán, un equipo moi difícil de batir no seu terreo de xogo. Teñen que gañar os de Manolín porque o Ponteceso xogará en Vimianzo ante o colista.

ESTEIRANA 4-1 PORTEÑO

Nova derrota do Porteño de Gerpe ante un rival que prácticamente logra a permanencia con esta victoria. Está o Porteño abocado ao descenso, tan só o ascenso a primeira rexional do segundo clasificado, podería salvar ao conxunto da Ponte do Porto se queda antepenúltimo, pois o penúltimo clasificado, o Carnota, está a tan só 3 puntiños dos homes que dirixe Gerpe. O gol do Porteño foi obra de Piti. A vindeira xornada, o Porteño recibe ao Malpica.

LAXE 4-1 XAVIÑA
Derrota do Xaviña en Laxe por 4 goles a 1. Non fixo un bó encontro o Xaviña que nestas últimas xornadas non está tendo opcións de gañar partidos. Segue o Xaviña penúltimo a tan só un punto do Muros B que é o antepenúltimo clasificado. A vindeira xornada, o Xaviña recibe no Hermanas Patiño ao Alcaián.

VETERÁNS: ZAS 1-3 CAMARIÑAS
Nova victoria do Camariñas ante o Zas por 1 gol a 3. Tres puntos de ouro que serven para escapar dos postos de descenso a pesares da victoria do Cabana ante o colista, agora o Camariñas sácalle 4 puntos ao Vimianzo que é o penúltimo clasificado e está a tan só 1 punto do Bértoa que está un posto por encima na clasificación. A vindeira semana o Camariñas xoga en Castriz, unha nova victoria significaría media permanencia.

PORTEÑO 2-2 AUGALADA
Non puido pasar do empate a 2 goles o Porteño ante o Augalada cortándose así o intento de pescar na táboa clasifictoria ao Coristanco que  actualmente lles pasa 3 puntos. A vindeira xornada o Porteño recibirá ao Club do Mar no Hermanas Patiño.

COPA DA COSTA XUVENIL
BAIO 0-0 CAMARIÑAS
Bo resultado o que truxeron os rapaces do Camariñas de Baio, neste inicio da copa da costa xuvenil. Agora toca gaña en Camariñas para poder pasar ronda onde está esperando rival en octavos de final o Cee.

LIGA DE FÚTBOL 7. AS BALEAS
ALEVÍNS: AS BALEAS 1-1 VIMIANZO
Non se poden creer o empate que levaron os alevíns do Vimianzo despois da cantidade de ocasións e tiros ao pau (ata en 6 ocasións acabou o balón pegando no poste) por parte dos xogadores das Baleas. Empate que sabe a pouco despois do visto no terreo de xogo onde hai que destacar o golazo de auténtico crack marcado por Joseba.

BENXAMÍNS: AS BALEAS 5-13 VIMIANZO
Partidazo dos nosos pequechos pese a perder ante o Vimianzo. Séguese notando que os nosos Benxamíns son de primeiro ano, e un ano de diferencia a estas edades é moita diferencia, pero un cousa está clara, a ilusión e gañas non hai quen lle gañen aos nosos. Destacar a actuación de todos e cada un deles.

A vindeira xornada, As Baleas xogarán en Coristanco.

 


 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.