- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 28 Febreiro 2011 28 Febreiro 2011

A xornada do domingo 27 de febreiro de 2011 quedará para a historia como a máis desgraciada dos dous anos de existencia da Liga de Veteranos de Camariñas. No encontro que enfrontaba ao Construcciones Mantido contra o Kerubín nunha xogada illada, de carácter fortuito, o noso querido amigo Gonzalo do Marcha Verde sufría un aparatoso encontronazo que xa nos primeiros momentos fixo pensar no peor. Efectivamente, pasados os primeiros instantes comprobábase con pessar que Gonzalo acababa de romper o fémur. Inmediatamente requeríose por ver primeira na existencia da Liga As Baleas a presencia dunha ambulancia no Pabellón de O Areal, a cal trasladou de urxencia a Gonzalo ata as instalacións hospitalarias. Unha verdadeira desgracia a acontecida este domingo na 5ª xornada da Copa das Viejas Leyendas que causa especial pena nesta redacción por sufrila un vello amigo da mesma, ao cal dende aquí mandamos os nosos máis sinceiros ánimos desexándolle unha pronta recuperación ¡¡VAMOS GONZALO!!
CONSTRUCCIONES Y OBRAS JOSÉ ANTONIO PATROCINA OS TROFEOS AO MÁXIMO GOLEADOR E MELLOR XOGADOR DA LIGA DE VETERÁNS DE FÚTBOL SALA AS BALEAS
{xtypo_rounded_right2}
CLASIFICACIÓN
Equipo-Partidos-Pts
1-Frío Darío 4 - 12
2-Pto. Arnela 5 - 12
3-Carp. Alberto 4 - 7
4-Cerdeimar 4 - 6
5-Bar Gaviota 5 - 6
6-P. León-Brialex 5 - 6
7-Kerubín 4 - 5
8-Const. Mantido 5 - 4
9-Carniceria Pilar 4 - 0
GOLEADORES
RUBIO (Pto. Arnela) 11
MARTÍN (Gaviota) 10
PICHÉ (Mantido) 10
Elvis (Frio Dario) 9
MANUEL (Pan León) 7
GONZALO (Mantido) 7
FRAN (Carp. Alberto) 7
Nando (Frio Dario) 6
XORNADA 5ª
16:00 Frío Darío-Kerubín
17:00 C.Alberto-Pto.Arnela
(Partido 5 Estrelas)
18:00 P.León/Brialex-C.Pilar
19:00 Cerdeimar-Cerdeimar
Descansa Bar Gaviota
{/xtypo_rounded_right2}
Xornada marcada pola grave lesión sufrida por Gonzalo do Marcha Verde, quen desafortunadamente, rompeu o fémur da sua perna cando estaba xogando, defendendo as cores do seu equipo o Construcciones Mantido. A ambulancia chegou ata o pabellón para levar a Gonzalo ao Hospital. Dende aquí queremos desexarlle todo o mellor para Gonzalo e que se recupere pronto desa desafortunada lesión. ¡¡¡ÁNIMO GONZALO!!!
KERUBÍN 3-3 CONSTRUCCIONES MANTIDO
Partido para olvidar debido a lesión de Gonzalo, el só, rompeu o fémur da súa perna nun momento do partido que enfrontaba ao seu equipo ante o Kerubín. Este accidente, lamentablemente marcou a nota negativa do encontro e da xornada. Os goleadores nun partido moi igualado foron Chocolate de Arou 2 goles e Coco 1 gol por parte de Kerubín e Piché 2 goles e Dani (novo fichaxe) 1 gol. Destacaron Chocolate de Arou e Coco por Kerubín e Dani e Piché polo C. Mantido.
BAR GAVIOTA 0-4 CERDEIMAR
Partido que só tivo unha cor clara, o Cerdeimar demostrou que foi superior de principio a fin. Marcaron Diego 2 goles, Perilla 1 e Jose 1 gol por parte de Cerdeimar. Destacaron Modesto e Martín por parte de Bar Gaviota e Perilla e o Moro por Cerdeimar.
CARNICERÍA PILAR 1-8 PUERTO ARNELA
Foi moi superior o Puerto Arnela e só fai falta ver o resultado. Marcou o Padronés por parte de Carnicería Pilar, por parte do Puerto Arnela, o Rubio con 4 goles, Manolo 1, Vi 1 e o Roski con 1 gol foron os cañoneros. Destacaron Padronés e Rodrigo por parte de Carnicería Pilar e o Rubio e Vi por parte do Puerto Arnela.
FRIO DARÍO 9-2 PANADERÍA LEÓN-BRIALEX
Nova victoria do líder, o Frio Darío que non lle dou opción algunha ao P. León-Brialex. Marcaron Elvis 5 goles, Javi 2 (meteu o gol da xornada con un taconazo soberbio) e Nando 2 goles para o Frio Darío e Yago e Kiko por parte do P. León-Brialex. Destacaron Elvis e Javi por un bando e Yago e Rolando por outro.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.