1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Camariñán Perón foi un dos destacados no partido entre o Conservas Boya e o Carballal

Os nosos rapaces seguen a escribir fermosas páxinas na historia do Balonmán da Costa da Morte, este sábado disputaban ante os vigueses do Carballal o liderato, xa que marchaban segundos na clasificación a so un punto dos locais, e a resposta dos nosos deportistas non puido ser mellor, un 34-26 que fala as claras do nivel que esta a dar este grupo. Liderados polos seus capitans Moncho e Quin, que estan a dar un exemplo de compromiso e xenerosidade, ofreceron o respetable todo un espectaculo de entrega e intensidade defensiva dende o pitido inicial, que permitiu o Camariñas ir por diante no marcador dende o inicio ate o remate, ainda así non foi doado, o equipo visitante ten nas suas filas bos extremos, a Bruno que e dos primeiras liñas con mais calidade da categoría, Abel un lanzador moi forte i eficaz, e para rematar ten o mellor porteiro da primeira autonómica. Pero este sábado facía falla ainda moito mais para intentar roubar o soño do Camariñas e os seus siareiros, os locais saian cunha defensa 5:1 intentando trabar a circulación de balón dos rivais, pola contra estes plantexaban unha defensa 6:0 apoiandose na envergadura dos seus defensores centrais, alguns erros no pase dos vigueses provocaban as primeiras ventaxes de dous e tres goles para os anfitrions, e comezaba unha labor de desgaste que teria seus froitos na segunda mitade...

No minuto 15 deste primeiro acto o Boya trocaba a sua primeira liña por completo, dando entrada o debutante Xosé Canedo, que debido a sua calidade vai aportar moito o grupo, parecia que levara xogando meses cos seus compañeiros. Algunha exclusión nos locais fixo cos visitantes se achegaran a dous goles 11-9, pero a mesma razón no bando contrario, provocou co Boya acadara unha ventaxe de 5 goles o descanso, cun 18-13 tranquilizador.

{xtypo_quote_right}Os nosos rapaces do Conservas Boya están a levar esta tempada o nome de Camariñas e o da Costa da Morte no máis alto da taboa{/xtypo_quote_right}

Na reanudación, o Boya pasou por un pequeno bache no seu xogo ofensivo, as ideas non estaban moi claras, o cambio defensivo visitante, e un par de intervencións consecutivas do seu porteiro fixeron ca incertidume comenzara a pasear polo Areal, pero neses intres Victor axudou a manter o marcador con varias paradas de moito mérito e o regreso a pista de Felipe e Alan, terminou por desatascar o ataque local para voltar a coller distancia no electrónico.

Os minutos pasaban e a defensa local seguia a impoñerse sobre o ataque visitante, que comenzaba a perder frescura fisica, e polo tanto a ter moito menos acerto nas suas accións, cinco minutos no que o Camariñas aproveitou esta situación serviron para despegarse definitivamente no marcador ate os oito goles a con algo menos dun cuarto de partido por xogar, esta vez non houbo relaxación, e a pesar da rigurosidad arbitral cos locais nas sancions disciplinarias e na interpretación do xogo pasivo, os nosos rapaces alentados por unha grada ilusionada e ruidosa, seguiron traballando para manter a distancia e así conseguir un resultado merecido, e que permite seguir soñando con facer a mellor tempada da historia.

Mención especial merece a "colaboración" do Directivo Perfecto Parapar acompañando os xuvenís a Tuy, permitindo así co adestrador poidese quedar en Camariñas para dirixir o equipo neste importante partido. Como nota curiosa, que xa se esta a convertir en tradición, foron os "manteos" no medio da pista os "cumpreaneros" Felipe e Xabi.

Polo Boya destacar a todo o equipo, pero en especial a Moncho que fixo o mellor partido no que levamos de tempada.

Comentarios   

K-mariNhaNa
+1 # RE: Conservas Boya 34 - 26 CarballalK-mariNhaNa 23/02/2011 18:14
Eu alegrome pola vitoria deste equipo tan desarroiado, e por as fotos tan excelentes que saíron grazas a Diego.

Pero tamén estaría ben que lles sacarades fotos as pequenas (infantiles e cadetes) e mais as seniors.


Un saúdo
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.