1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Cambio de rumbo na traxectoria do Xaviña: agora derrotas en casa e victorias fóra

Andan os mundos volteados cara arriba. O que antes era branco agora é negro, o que antes era educación, respeto e boas maneiras agora viría a significar a carcundia máis casposa, o que antaño sería criticado como suciedade, porquería e falta de aseo nestes días estranos que vivimos sería alabado como look fashion atraínte e vanguardista e a traxectoria que hai unhas xornadas cumpría cáseque matemáticamente cun esquema de victoria en casa/derrota fóra, pasou a mellor vida tras un xiro copernicano protagonizado polo Xaviña FC que invertío os términos da súa sorpresiva e azarosa existencia. Non varía o rumbo dos restantes protagonistas do noso repaso fútbolístico semanal, exitoso e victorioso no caso de Cerceda e FC Camariñas, angustioso e dramático para un Porteño que vende cara a súa pel e que promete loitar a morte ata o último segundo para defender a súa supervivencia competitiva na Segunda Rexional. Imposible predecir o que nos deparará o futuro nuns mundos volteados cara arriba.

CERCEDA 2-0 ALONDRAS
Suma e sigue o Cerceda nesta tempada na que cada dia é un pouco máis líder. Gañámoslle a un Alondras que veu a Cerceda a ponernos as cousas moi complicadas e poidémolo comprobar na primeira metade onde non podemos chegar ao marco contrario con claridade. Todo cambiaría no segundo tempo, Manu Barreiro e Souto, avisaban enviando sendos balóns ao longueiro, o gol estaba rondando e pese ao bo xogo neste segundo tempo, o gol facíase esperar.Foi nos minutos cando Manu Barreiro primeiro e despois Franqueira, conseguían marcar gol e deixar os 3 puntos en Cerceda para que o noso equipo, tras o empate do Ferrol, sexa primeiro con 9 puntos de vantaxa sobre ferroláns e ourensáns. A vindeira xornada depáranos un derbi, xogamos en Ordes ante o cadro local.

PORTEÑO 1-1 BAIO
Non puido gañar o Porteño de Gerpe ao Baio de Tono do Atlántico nun partido no que os da Ponte do Porto levan un puntiño que sabe a pouco. Adiantaríase pronto o Baio e sería Brais que a falta de 10 minutos para o descanso, conseguía o gol do empate para o Porteño. Segue o Porteño no pozo das últimas posición, pero mentres haxa vida hai esperanza. Necesitan un par de victorias os de Gerpe para intentar escapar de ahí abaixo. A vindeira xornada, o Porteño xogará contra o Pindo, un equipo que lle saca 3 puntos, se o Porteño consigue vencer, sairía de postos de descenso.

CARNOTA 0-2 CAMARIÑAS
Nova victoria do Camariñas de Manolín que se adiantaría pronto no marcador por mediación de Brais, pero que ata o derradeiro minuto non conseguíu sentenciar o encontro tras o gol acadado por Alejandro. A liga xa é un man a man entre o Camariñas e o Ponteceso, 3 puntos separan aos camariñáns do líder, pero queda liga e se algo caracteriza ao equipo de Manolín é esa loita ata o final. A vindeira xornada, o Camariñas recibirá no Hermanas Patiño ao Club do Mar, un equipo perigoso que seguro vai ser duro de roer, pero confiamos na victoria do Camariñas.

XAVIÑA 1-3 OUTES
Perdeu o Xaviña ante o Outes nun partido onde os visitantes foron mellores e os xustos gañadores do encontro. Non tiveron un bo dia os de Uxío, que lle puxeron moitas gañas ante un rival que se adiantaría pronto no marcador e chegaría a contar con un 0-3 ata que Dani conseguíu acortar distancias. A próximo xornada o Xaviña xogará ante o At. Pereiriña.

XUVENÍS: CAMARIÑAS 1-1 CABANA
Empate do Camariñas para despedir a tempada regular onde remata na antepenúltima posición. Agora toca recargar pilas e pensar na copa.

VETERÁNS: CAMARIÑAS 2-2 CABANA
Partido que remata con polémica cunha actuación arbitral que perxudicou ao Camariñas. Empate que sabe a pouco e que coloca ao Camariñas tan só 2 puntos por riba dos postos de descenso. A vindeira xornada, o Camariñas xoga ante o Xuv. Bergantiños, o segundo clasificado.

VETERÁNS: CORISTANCO 1-5 PORTEÑO
Pasou o Porteño como un auténtico ciclón por Coristanco nun partido onde lle endosou nada máis e nada menos que 5 goles ao cadro local. Tremenda a segunda volta do Porteño que de non ser pola mala primeira ronda, agora estaríamos falando de postos de ascenso. Chapeau!! Para o Porteño e que siga nesta dinámica. A próxima xornada, o Porteño visitará ao Leiloio.

Esto foi todo canto dou a xornada. Un saudo a tod@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web líder da costa, a auténtica.

Comentarios   

kinos
+1 # RE: A Xornada de Juanillo 06-02-2011kinos 10/02/2011 19:55
o porteiro do xavina esta engordando moito jaja ai qe adestrar mais eh
Denunciar ante o administrador
Pasantes Campaña
+1 # JaviPasantes Campaña 17/02/2011 17:44
jajajja, Desfaste casillas :-)
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.