1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Pepucho e Nando, sabiduría e talento arbitral e futbolístico ao servizo da Copa da Liga das Viejas Leyendas

En épocas non moi lonxanas o FC Barcelona anclábase ao sono da Copa do Xeneralísimo/Rei para salvar a tempada. Corrían tempos nos que o R. Madrid cimentaba a súa gloria tanto polos campos de España como nos de Europa e nos que, sumerxido como estaba en empresas de maior calado, arrancou ese desprecio máis ou menos evidente dos brancos cara o torneo copeiro. Nembargantes o fútbol non deixa de ser un deporte de ciclos no que tras uns cantos anos de sequía futbolística sumido nun túnel ao que non se ve fondo, embalado o rival na etapa máis gloriosa de toda a súa a súa historia, dotado este dun plantel chamado a facer historia, esa mesma copa antes despreciada antaño convírtese no obxectivo cáseque inalcanzable co que matar encher o bandullo durante os anos da fame. Así, todos aqueles equipos do gran torneo de masas da Costa Atlántica virxes ata o de agora de títulos agárranse ao torneo do K.O. como a un cravo ardendo co que salvar a tempada e inaugurar unhas vitrinas limpas de ese metal feito do material co que se constrúen os soños. O trono do Expert Ameal busca herdeiro.

{xtypo_rounded_right2}

CLASIFICACIÓN
Equipo-Partidos-Pts
1-Pto. Arnela 2 - 6
2-Cerdeimar 2 - 3
3-Frío Darío 1 - 3
4-Const. Mantido 2 - 3
5-Bar Gaviota 2 - 3
6-P. León-Brialex 2 - 3
7-Kerubín 1 - 1
8-Carp. Alberto 2 - 1
9-Os Renegados 2 - 0

GOLEADORES
MARTÍN (Gaviota) 4
VI (Pto. Arnela) 3
DARÍO (Frío Darío) 3
PERILLA (Cerdeimar) 3
LUIS QUECHA (Carp. Alberto) 3
MANOLO (Pto. Arnela) 3
RUBIO (Pto. Arnela) 3

XORNADA 3ª
16:00 Renegados-Carp.Alberto
17:00 P.León/Brialex-Kerubín
18:00 C.Mantido-Gaviota
19:00 Pto.Arnela-Frío Darío

{/xtypo_rounded_right2}
COPA DE VETERÁNS DE FÚTBOL SALA “AS BALEAS”.

Antes de nada temos que facer una rectificación no apartado de goleadores da semana pasada, no partido xogado polo Puerto Arnela, démoslle 2 goles a Tito e 1 ao Rubio, pois ben, é ao revés, 2 goles son do Rubio e 1 de Tito. Na clasificación actual de goleadores xa está correxido o erro.

PUERTO ARNELA 3-2 CERDEIMAR
Partido xogado de poder a poder onde finalmente a victoria caeu de lado do Puerto Arnela. Os goleadores por parte do Puerto Arnela foron, Manoliño dous goles e o Rubio un. Por parte do Cerdeimar, Ramiro un gol e Juan Corvo outro. Por parte do Arnela destacou Manoliño e por parte do Cerdeimar Perilla

CARPINTERÍA ALBERTO 4-4 KERUBÍN
Partido no que o marcador indica o igualado que estivo o encontró, ao final reparto de puntos para ámbolos conxuntos. Por parte de Carpintería Alberto marcaron Víctor en duas ocasións, Luis de Quecha un e Fran outro gol. Por parte de Kerubín, os goleadores foron Fran dous goles, Alberto un e Manu outro gol. Destacar a actuación de Socho que tivo que ponerse de porteiro e fíxoo de forma maxistral por parte de Carpintería Alberto e de Manu e Fran por parte de Kerubín.

CONSTRUCCIONES MANTIDO 5-2 OS RENEGADOS
Victoria cómoda do Construcciones Mantido ante uns Renegados que o deron todo no campo. Polo bando do C. Mantido marcaron Piché 2 goles, Gonzalo do Marcha Verde 2 goles e Parranda 1 gol. Por parte dos Renegados, marcaron Juan un gol e Kadet outro. Tuveron una meritoria actuación Soto como gardarredes, Gonzalo e Piché por parte do C. Mantido e Juan e José Manuel por parte dos Renegados.

BAR GAVIOTA 2-6 PANADERÍA LEÓN-BRIALEX
Foi superior o Panadería León-Brialex neste encontró e así o demostra o resultado. Xogou os seus primeiros minutos Suso o Milhomes co Bar Gaviota. Ameal e Martín foron os goleadores por parte do Bar Gaviota e por parte do Panadería León-Brialex Alberto en duas ocasións, Manuel en outras 2, Jacinto con un e Bruno outro gol. Destacar a actuación de Manolo por parte do Bar Gaviota e de Manuel, a nova fichaxe de P. León-Brialex.

Esta xornada descansou o Frio Darío.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.