- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 22 Xaneiro 2011 22 Xaneiro 2011

O BM Encaixe Camariñas volta da cancha do Bm Tui sin os puntos pero cun bó xogo demostrado no campo. A pesar de non poder obter un resultado favorable as Camariñans demostraron estar en pé de guerra para afrontar os encontros. O xogo comezou cun 1- 4 ao noso favor no cal o acerto nos lanzamentos por parte da primeira liña do Encaixe puxo en complicación a defensa 5:1 presentada polo Bm Tui. A colaboración de Sara na portería permitiu ao equipo manter una renda de 2,3 goles na primeira parte do encontro.
Tralo descanso os axustes defensivos das locais e a falta de eficacia nas ocasións claras de gol puxéronas por diante no marcador. Os minutos restantes decantaron a victoria para o equipo local onde as rapazas da costa da Morte víronse resentidas polo novo sistema de xogo. Mónica afirma “afrontamos con moitas ganas o encontro, conseguindo claras ocasións de gol en ataque e accions efectivas en defensa con reaxustes contínuos xa que a pivote local era peza fundamental ofensiva para o Bm Tui”.
A nova adestradora Mónica Barreiro mostra unha valoración positiva destes primeiros días coas rapazas: “A actitude das xogadoras neste primer partido demostra as ganas de traballar. A defensa individual mixta feita a Kris permitiu crear espacios que aproveitarian Karina e Laura para anotar. Destacar ao equipo en conxunto pero sobre todo o traballo feito pola capitana Laura tanto en ataque como en defensa e Aida no seu papel de central dirixindo o equipo”.
BM TUI (32): Porteria- González e Pérez; Rodriguez Martínez; Rodriguez (1); Figueiras (7); Mendez (7); Miguez (7); Piña; Pérez Dominguez (6); López (4); Ferreiro.
ENCAIXE CAMARIÑAS (26): Portería: Sara e Sandra; Juana; Kris (7); Aida (5); Sheila; Nerea; Cris Sande; Laura (8); Fátima (1); Karina (5); Ali.

Comentarios
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.