- Escrito por juan cabrejo juan cabrejo
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 17 Xaneiro 2011 17 Xaneiro 2011
Na mañán deste xoves 20 de xaneiro de 2011 na clínica pontevedresa do Doctor Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do Real Club Celta de Vigo e da Selección Española de Fútbol, o mellor futbolista da historia de toda a Costa da Morte someterase á intervención quirúrxica máis importante da súa carreira. Por mor dunha rotura no ligamento anterior cruzado da súa perna esquerda o Cerceda perde para os vindeiros seis meses a un dos xogadores claves no actual líder da Terceira División Galega. Dado o máximo prestixio do galeno encargado de recuperar a zurda máxica de Juanillo, é de esperar que unha vez superado o longo período de convalecencia O Mago de Corea volva aos terreos de xogo pleno de facultades físicas e portador do talento único con que a natureza o dotou. Camariñán ata a médula, seguidor entusiasta da actualidade de tódolos equipos do concello, experto coñecedor do universo futbolístico da Costa da Morte, redactor único e amigo fiel e entrañable, os compañeiros de Juanillo no seno da redacción de camarinas.eu brindamos todo o noso apoio a un das persoalidades clave para entender o desenrolo do deporte rei nas terras camariñanas e ansiamos de todo corazón que o resultado do seu paso polo quirófano sexa satisfactorio. E, quen sabe, co sacrificio, gañas e aptitudes características de Juanillo con sorte alá polo mes de xuño o vexamos marcar o tan ansiado gol que leve ao Cerceda á Segunda División B. Tratándose de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o mellor sempre é posible.
ESTRADENSE 1-0 CERCEDA
Derrota a que sofrimos na Estrada nun partido brusco e no que predominou o xogo violento do Estradense, pero quen rematou con 2 xogadores menos foi o Cerceda. Partido malo o que fixemos, pero o Estradense só tirou unha vez a porta e gañou o partido. Iso é o que vale, os goles é o que conta.
Despois do gol, o Estradense dedicouse a provocar e a facer faltas. O seu adestrador, o ex do Compostela Fabiano é un experto utilizando esas armas e así o demostrou. Él e os seus, sacaron de quicio a todo o Cerceda provocando que para o partido crucial ante o Ferrol teñamos 4 baixas importantísimas. O bó da xornada foi que o Ferrol perdeu na casa e o Ourense tamén, polo que seguimos primeiros con 4 puntos de vantaxa sobre os ferroláns e 6 sobre os ourensáns. Decir que o xoves 19 de xaneiro pasarei polo quirófano, hai que arrancar o menisco e o ligamento cruzado, e que espero que todo saia ben.
PONTECESO 2-1 CAMARIÑAS
“Atraco a man armada”. Con esa frase pódese resumir o encontro, un partido no que se notou quen ten o favor do colectivo arbitral. Partido que prometía, había máis que tres puntos en xogo, e unha decisión arbitral inclinou o partido para os da vila de Pondal. Adiantaríase o Camariñas no marcador cun gol de De la Sierra, parecía que o máis difícil estaba feito, adiantarse no marcador nun partido destas características é moi importante, pero ao final non valeu de nada, empataría o Ponteceso pronto e xusto antes do descanso do partido a árbitro pita falta, os xogadores do Camariñas quedan parados mentras os do Ponteceso siguen e marcan gol. O árbitro desenténdese de todo, da o gol como válido e di que él non pitou, cando o silbato escoitouse ata en Corme.
Unha nova axuda ao Ponteceso que lle serve para afianzarse no liderato. Teñen que seguir loitando os de Manolín porque aínda queda moita liga. A vindeira xornada, o Camariñas recibe ao Castriz.
PORTEÑO 2-0 DUMBRIA B
Importantísima victoria do Porteño de Gerpe ante o Dumbria B por dous tantos a cero. Tras unha primeira metade donde o partido non tivo un dominador claro, o Porteño saleu con máis intensidade na segunda metade e iso notouse. Houbo que esperar ata o minuto 75 para ver o primeiro gol obra de Iago tras un saque de falta. Sería Varela nas postrimerías do encontro, quen anotou o segundo gol que daba tranquilidade aos de Gerpe. Tres puntiños máis para intentar collera o cuarto clasificado que está a 3 puntos. A vindeira xornada o Porteño ten derbi, xoga en Vimianzo ante o cadro local, un partido que pode ser clave xa que o Vimianzo é o colista a 4 puntos do Porteño.
CABANA 5-2 XAVIÑA
Segue sen puntuar fora da casa o Xaviña, desta vez tampouco trouxo nada positivo de terras cabanesas, onde perdeu por cinco goles a dous. Os de Uxío estiveron mellor que en outros encontros a domicilio, pero pagaron moi caro os seus erros en defensa. Para semana o equipo que preside Isaac, xoga no Hermanas Patiño contra o Independiente de Carballo, esperemos poder contar unha nova victoria do Xaviña.
XUVENÍS: DUMBRIA B 1-0 CAMARIÑAS
Vendeu cara a victoria o Camariñas diante do líder onde caeu por 1 gol a cero. Están mellorando os rapaces do Camariñas nesta segunda volta. A vindeira xornada, o Camariñas recibe ao Baio.
VETERÁNS: CAMARIÑAS 2-7 BÉRTOA
Malleira a que levaron os veteráns do Camariñas ante o Bértoa. Non están a pasar polo mellor momento os veteráns do Camariñas, este ano teñen que salvar a categoría para pensar que pasará a vindeira tempada. A vindeira xornada, o Camariñas recibe ao Corcubión.
VETERÁNS: PORTEÑO 3-2 SOFÁN
Nova victoria do Porteño desta vez ante o Sofán por tres goles a dous. Está o Porteño nunca racha espectacular e se cegase a comezar a liga tendo un pouco máis de regularidade, agora mesmo poderíamos estar falando de que o Porteño estaríase codeando cos postos de ascenso. A vindeira xornada, o Porteño enfróntase ao Corme no Hermanas Patiño.
AS BALEAS
Queremos felicitar aos Alevíns e Infantís por proclamarse campeóns de liga esta pasada xornada. Eles son os verdadeiros protagonistas da xornada. Temos rapaces que prometen e que hai que darlle oportunidades de que poidan seguir xogando, facendo o que máis lles gusta que é darlle patadiñas a un balón. Temos unhas xeracións que van a dar moito que falar. ¡¡¡NORABOA RAPACES!!! Noraboa a Vi e Faus por tódolos éxitos acadados.
BENXAMÍNS: CARNOTA 20-2 AS BALEAS
Pese a abultada derrota, hai que felicitar aos nosos pequechos que cada día que pasa fan mellor as cousas. Repetimos unha e outra vez, que os nosos pequechos son moitos e xogan todos, cousa que os demais equipos non fan, só poñen a xogar os seus mellores rapaces. Destacar a actuación de Lucas do Panadeiro da Ponte do Porto.
ALEVÍNS: CARNOTA 1-2 AS BALEAS
Victoria que vale un campeonato dos nosos alevíns que mereceron un marcador máis amplio. Pablo Suárez foi o autor dos dous goles. Destacar a actuación de todo o equipo, un a un merecen ser destacados non só por este partido, se non por todo o campeonato. ¡¡¡¡Noraboa rapaces!!!! E a seguir así.
INFANTÍS: CARNOTA 0-7 AS BALEAS
Ao igual que os alevíns, os infantís tamén se proclamaron campeóns da súa curta liga, unha pena que non poidamos ver a estes rapaces en acción, xa que a maioría dos equipos non teñen categoría infantil. Os goleadores foron, Maikel que fixo un hat-trick, Ismael e david con dous goles cada un e Javi con un gol. O máximo goleador do campeonato foi o Camariñán Maikel Carril. Destacar a actuación de tódolos componentes do equipo infantil, un a un merecen ser destacados durante todo o campeonato. ¡¡¡¡Noraboa infantís!!!!.
A vindeira xornada, As Baleas recibe ao Corcubión en categoría benxamín e alevín. Hai que celebrar por todo o alto a consecución de dous títulos. ¡¡¡¡¡Todos con AS BALEAS!!!!.
Ata aquí, todo canto dou a xornada. Un saudo aos nosos usuari@s, os de CAMARINAS.EU, esa web líder, independente, de ideas propias...
{phocagallery view=category|categoryid=492|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}
Comentarios
Antonio Puertas
bonitas fotos si señorrr
ANIMOOOOO A TODA A FAMILIA
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.