1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Despois de ir todo o partido gañando o Conservas Boya cedeu un amargo empate

Unha imaxe vale mais que mil palabras e a deste encontro sucedeu no final do primeiro tempo cun golpe franco a favor do Viña Costeira que se efectuou co tempo parado, e decir, un xogador con balón nos 9 metros e 6 xogadores locais formando unha barreira fronte a el nos seis metros, o resultado foi un golazo do xogador visitante debido a relaxación dos defensores camariñáns que permitiron co lanzamento chegase a porteria. Ista podería ser a imaxe dun encontro no que o Camariñas permitiu cos forasteiros acadasen un punto pola sua mala cabeza, este sábado ninguén se librou do desacerto, dende o adestrador como máximo responsable do xogo local, ate os xogadores que amosaron unha irregularidade e unha falta de concentración preocupantes.

Principiaba o encontro mandando o Viña Costeira gracias os goles do seu pivote, que a pesar de non superar o 1,70 sempre gañaba a posición os defensores locais que carecian da intensidade dos derradeiros encontros, esa falta de intensidade e a pouca concentración fixo que tardasen en meterse n encontro, cometendo moitas imprecisións nas transicións e no lanzamento, Lalá mantivo o equipo cas suas paradas, ate que mediado este rimer periodo os homes do refresco saidos do banquillo e o cambio a unha defensa 6:0 cortocircuitaron as ideas visitantes e permitiron acadar unha ventaxe de tres goles o final, reducida a dous por ese golpe franco fatídico.

{xtypo_quote_right}A falta de concentración e unha irregularidade no xogo local principales causas de que o Viña Costeira se levase un punto de Camariñas{/xtypo_quote_right}

Na segunda mitade os locais sairon decididos a pecha lo encontro e basando o seu xogo nunha  boa defensa e contraataques fulminantes foron quen de aumentar a ventaxe ate os 8 goles no minuto 45, pero lonxe de seguir co mesmo nivel, esqueceronse de que os encontros non rematan ate o minuto 60, e principiaron os despropósitos, primeiro cairon en “guerras subterráneas” cos xogadores rivais moito mais experimentados que buscaban desquiciar ante a falta de respostas balonmanisticas, perdeuse de novo a concentración no xogo e a defensa volveuse  moito mais flebe, o exceso de confianza fixo que xa non se enlazaran e se dera continuidade o ataque, apareceron as exclusións nos minutos finais, un erro xa habitual no Conservas Boya, e os visitantes foron pouco a pouco remontando no marcador, axudados tamén pola señalización de varios sete metros canto menos discutibles, unha proba da falta de concentración local foron varias accións nas que os rivais, logo de lanzar e toparse co porteiro local, recollían o rechace e conseguían materializar en gol accións que deberian ser contraataques locais, outra imaxe deste despropósito e unha acción na que un xogador local en contraataque vai mais atento o defensor que leva detrás, e perde unha ocasión clara de conseguir gol por medo a que este (co que tiña a “guerra” mencionada anteriormente) lle poidera dar un golpe por detrás.

Ainda asi a falta de 12 segundos o Boya consigue o seu gol 29, pero nunha acción moi discutida, os colegiados sinalan un 7 metros por unha acción a un xogador sin balón que e agarrado cando pretendía recibir o mesmo, lamentablemente a pesar de existir moitas accións similares durante o encontro na area visitante non sinaladas, desta vez considerou apropiado facelo, e o Viña Costeira lanzou un sete metros co tempo rematado que lle deu un punto polo que loitou e que os errores locais lle permitiron acadar.

A pesar do punto perdido, os Camariñáns poden resarcirse o vindeiro fin de semán ante o favorito Cangas, e aplicarse a lección dada polo Viña Costeira que non baixou os brazos a pesares de ir 8 goles abaixo no marcador a falta de 15 minutos, e xogando fora da casa, un aspecto este no que son moi superiores o Camariñas, que e unha das cousas pendentes que ten entre outras a mellorar.

Polo Camariñas destacar o seu porteiro Lalá que estivo moi acertado mentres a defensa lle acompañou, polo Viña Costeira os seus irmans celso e Juan que foron un pesadelo continuo para os locais.

{phocagallery view=category|categoryid=488|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Comentarios   

estudiante
+2 # "ANIMO CAMPEON"estudiante 19/01/2011 11:18
Veña Campeón, que estás en boas mans, toda a familia de "Lin" está contigo, xa verás como en xuño tamos celebrando o ascenso con un gol teu. Unha aperta e moita sorte. ---estu---
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.

Tamén che pode interesar...