- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 17 Xaneiro 2011 17 Xaneiro 2011

O Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas caeu no inicio da segunda volta contra o BM Rasoeiro de O Grove por un claro 11-21. O Encaixe afrontaba o encontro con importantes baixas ante un dos equipos con máis oficio da categoría. O conxunto camariñán saíu cunha defensa presionante sobre a central pontevedresa que non permitía outra opción que os uns contra uns directos da extremo e lateral esquerdo visitantes; o bó facer de Sandra en portería non puido manter a igualdade no electrónico xa que os erros de lanzamento (lastre do conxunto camariñán ao longo da tempada) fixeron que a vantaxe fose aumentando de cara ao lado visitante ata chegar a un contntente 11- 4 ao descanso.
Na segunda metade un amago de reacción local por mediación de Laura e Sara sería contrarestado con dúas exclusións consecutivas para as camariñanas; as grovenses aproveitaron a superioridade numérica para restablecer a diferencia no marcador; ata o derradeiro 21 -11.
Bruno López salientou do encontro: “ o Rasoeiro foi superior, tivemos moitos problemas de imprecisión e ansiedade en ataque, non fomos que de provocar os cambios de oponente e non lle sacamos partido ao dobre pivote, ademáis erramos moitos lanzamentos; pola contra non traballamos mal en defensa a pesar de abusar dos brazos nalgúnhas ocasións; toca seguir traballando para afrontar os dous próximos encontros contra Tui e Caselas, conxuntos dun nivel semellante ao noso “.
O Encaixe visita a cancha do BM Tui na seguinte xornada.
{phocagallery view=category|categoryid=487|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}
