5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Se non hai moito (8 de novembro de 2010), Jorge Vázquez Barcia recibía a través de camarinas.eu  a boa nova da súa primeira convocatoria pola Selección Coruñesa Alevín de Fútbol 7 en forma de regalo sorpresa o día do seu undécimo cumpreanos, a prometedora progresión futbolística deste xove arqueiro camariñán parece confirmarse e así en encontro disputado este pasado martes 11 de xaneiro entre as Seleccións de Coruña e Ourense Jorge voltou repetir como gardamallas  titular do noso combinado provincial na que constituía a súa segunda convocatoria polo mesmo.

Ao final os nosos leváronse o partido polo apretado tanteo de tres a dous e novamente Jorge voltou a ter unha actuación destacada cunha serie de intervencións meritorias que salvaron o resultado naqueles momentos nos que o partido podía decantarse para calqueira dos dous bandos. Polo tanto, Jorge, formado na prolífica e talentosa canteira da exemplar Asociación As Baleas vaise consolidando como porteiro titular da Selección da Coruña e paso a paso, a base de sacrificio, traballo duro e humildade, segue a escalar peldaños nunha carreira polo de agora prometedora nun posto, o de porteiro, difícil e solitario, sufrido e ingrato, aboado sempre ao sufrimento e á soidade. Con todo, esperemos que non chegue aos extremos sufridores vividos ao longo da súa vida de aficcionado fubolístico polo seu pai, o noso querido amigo Rique do Restaurante Catro Ventos, recoñecido seguidor do Atlético de Madrid. ¡¡Ánimo Jorge e a seguir traballando duro!!



Comentarios   

Beldoña
0 # RE: Jorge repite na Selección CoruñesaBeldoña 13/01/2011 19:23
ENHORABOA, JORGE. A VER SI ALGÚN DÍA VéMOSCHE NA SELECCIÓN NACIONAL.
ÁNIMO
Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.