- Escrito por juan cabrejo juan cabrejo
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 05 Xaneiro 2011 05 Xaneiro 2011

Tal e como adiantaran os pronósticos máis autorizados, o Frío Darío finalmente foi quen de conquistar para Buría por segunda temporada consecutiva o trofeo do campeonato de viejas leyendas futbolísticas máis multitudinario da Costa da Morte. Efectivamente, o proxecto futbolístico edificado no seu día polo Panky baixo o nome primixenio de Bodegón A Moleda segue dando dividendos, se ben baixo outras siglas e outro patrocinio, outra presidencia, cunha serie de novas fichaxes que profundizaron a calidade dun plantel xa consolidado, e baixo os vitais mandos dun adestrador sabio e experimentado.
Se no anterior campeonato todo se decidío no último minuto do último partido da última xornada, nesta edición o desenlace competitivo transcurrío por cauces máis tranquilos e a calidade superior do club con sede en Buría sentenciou a competencia na penúltima xornada cunha monumental pasada ante o Lago Lin que os convertía en xustos vencedores da Liga de Veteranos As Baleas. Polo demáis, este último domingo a competición vivío dous momentos igualmente trascendentais: o do duelo percebeiro que enfrentaba ao Puerto Arnela cos Boliños e, máis importante incluso, o da consecución heroica do seu primeiro punto polo equipo do Construcciones Mantido. Agora xa ninguén poderá decir que participaron en balde. Ahí queda ese puntiño para os anales da historia.
LIGA DE VETERÁNS DE FÚTBOL SALA AS BALEAS
"HABEMUS CAMPEÓN"
Queda unha xornada, pero a liga xa ten un gañador, o FRIO DARÍO conquista a liga de novo e volta a ser campeón de liga. Se na primeira edición era o Bodegón a Moleda – Frio Darío o que se fixo co campeonato ligueiro, nesta segunda edición, tamén o voltou a ser pero desta vez co nome de Frio Darío. Os Nando, Arturo, Fran, Rolando, Darío, John, Lito, Vidal, José Manuel… foron os merecedores da victoria posto que demostraron ser os mellores durante o campeonato ligueiro. Noraboa aos campeóns!!!. A xornada:
XAMBOIS 2-4 PANADERÍA LEÓN
Os Xambois perderon toda opción de poder ser campeóns ao perder con Panadería León, un equipo que nesta segunda volta dou moito que falar. Os goleadores do encontro serían Perilla e Dani por parte de Os Xambois e David Toja en 2 ocasións, Juan e Suso por parte de Panadería León. Os mellores xogadores do partido foron Perilla polos Xambois e David Toja por parte de Panadería León.
FRIO DARÍO 12-2 LAGO LIN
Partido cómodo e que lle vale un campeonato ao Frio Darío ante o Lago Lin e que rematou en goleada. Nando en 4 ocasións, Vidal en 3, Lito en 2, Darío en 2 e Arturo, foron os goleadores por parte do Frio Darío. Polo Lago Lin, Yago anotou os 2 tantos. Destacaron Nando por parte do Frio Darío e Jose por parte do Lago Lin.
OS BOLIÑOS 5-3 PUERTO ARNELA
Era o partido da xornada, o partido do que se levaba falando no Curbeiro durante semanas, o partido da revancha da primeira volta e o partido de ter que aguantar vaciles e demais por parte do gañador. Gañou Os Boliños e polo tanto houbo revancha da primeira volta na que gañara o Puerto Arnela. Tiveron que remontar Os Boliños un resultado adverso de 0-2 e a base de garra e coraxe deixaron o resultado final no 5-3 definitivo. Elvis en 3 ocasións, Fran e Socho foron os goleadores dos Boliños. Jamela en 2 ocasións e Tito foron os goleadores por parte de Puerto Arnela.Destacou Elvis polos Boliños e Jamela por parte de Puerto Arnela.
CONSTRUCCIONES MANTIDO 7-7 KERUBÍN
Primeiro punto do Construcciones Mantido no campeonato na penúltima xornada ante o Kerubín nun partido tolo. Os goleadores do Construcciones Mantido foron Jony en 3 ocasións, Jose en 2, Luis e Javier. Por parte de Kerubín, Fran en 4 ocasións, Coco en 2 e Chocolate foron os goleadores. Os mellores de cada equipo foron Vi por parte do Construcciones Mantido e Fran parte do Kerubín.
Para semana terá lugar a última xornada de liga, onde estará en xogo o segundo, terceiro e cuarto posto. Última Xornada:
16:00 Xambois – Frio Darío
17:00 Lago Lin – Puerto Arnela
18:00 Os Boliños – Construcciones Mantido
19:00 Kerubín – Panadería León

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.