5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (11 Votes)

O Lira e o Xaviña sacaron unha foto conxunta ao inicio do partido

Chamou o maior sabio futbolístico da Costa da Morte, o único mandatario ao igual que o Rei francés Luis XVI ("El Estado soy yo")  capaz de sobrelevar na súa persoa a práctica totalidade  da administración dun club, Isaac Caamaño, decíamos chamou a esta redacción para tomar nos prolegómenos do derradeiro encontro de liga a imaxe que simbolizara a unión e cordalidade entre dous clubs irmáns e amigos, o Lira e o Xaviña. domingueras de inverno.Despois, asistimos a un encontro estrano, atípico, gol olímpico incluido (os crónicos problemas na portería do Xaviña FC) e o Lira que se levou o duelo da irmandade por un contundente 2 a 5. Por outro lado preocupante derrota en casa dun Porteño que xa non se pode permitir máis erros.

Pero con todo a xesta heroica da xornada correspondíolle aos Veteranos do Camariñas que co apoio do Mago de Corea nas gradas e con só nove homes na cancha aguantaron o tipo ante o Vimianzo para despois ca chegada de dous mitos do fútbol da Costa, Tono de Atlántico e Diego do Snack, retornar á senda da victoria e abrir soños de esperanza para o futuro. Esperemos que para o 2011 os veteranos solventen dunha vez por todas os seus problemas numéricos e volvan a ser aquel equipo que aledaba a vista nas frías mañáns

CERCEDA 1-0 SANTA COMBA
Merecida victoria a que obtivemos onte diante dun Santa Comba que tan só se dedicou a defender e non tirou entre os 3 paus durante os 90 minutos. O autor do único tanto do encontro foi Franqueira, quen fixo un fermoso gol tras superar ao porteiro visitante cunha perfecta vaselina. Puido ser máis amplo o marcador ao noso favor, pois tivemos ata 4 ocasións moi claras para poder sentenciar o encontro pero non estivemos atinados ante o marco contrario. Tres puntos que nos fan máis líderes xa que o Ferrol tivo que descansar esta xornada e polo tanto agora sacámoslle 4 puntos de vantaxa. Teremos xornada este mércores próximo, iremos ata Pontevedra para enfrontarnos ao filial granate para posteriormente descansar o fin de semana de Noiteboa no que non haberá liga.

PORTEÑO 0-2 MUROS
Segue o Porteño sen carburar e sumou unha nova derrota esta vez diante do Muros. Complicouselle moito o partido aos homes de Gerpe nada máis iniciarse o encontro, xa que foi expulsado Roi cando tan só ían 20 minutos de encontro. A partires de ahí, o Muros tomou o mando do partido e con un gol na primeira metade e outro na segunda deixaría o partido sentenciado. Esperemos que este parón de Nadal, sexa o punto de inflexión para un Porteño que necesita victorias para escapar dos postos de descenso. A vindeira xornada tras o parón navideño, o Porteño viaxará ata Corme para enfrontarse ao equipo local.

ESTEIRANA 0-0 CAMARIÑAS
Partido que rematou con empate a cero goles debido á falla de puntería dos homes do equipo de Manolín quenes dispuxeron ata 7 ocasións claras para poder gañar o partido sobradamente. Perdeu o liderato o Camariñas esta fin de semana, o novo líder é o Ponteceso que agora lle saca 2 puntos ao Camariñas e ao Club do Mar que son segundos clasificados. Non pode desperdiciar máis acasións deste tipo o Camariñas se non quere ver como os demais se marchan na clasificación. O vindeiro partido do Camariñas será có Malpica no Hermanas Patiño tras o parón de Nadal.

XAVIÑA 2-5 LIRA
Ver para creer!!!!. Gañaba 2-0 o Xaviña tras unha primeira metade formidable dos homes de Iago. Os goles do Xaviña foron obra de Dani e do propio Iago. Tras o descanso, sucedeu o desastre. Saleu moi relaxado o Xaviña e veu como o Lira sen facer nada do outro mundo comenzaba a remontada e lograría unha goleada que nin eles mesmos a pensaban. Escapáronse 3 puntos, pero os rapaces que preside Isaac seguro que tras este parón voltarán con forzas renovadas e darannos máis alegrias. O Xaviña xogará en Nantón a próxima xornada.

XUVENÍS: MUXIA 4-1 CAMARIÑAS
Goleada a que recibiron os nosos rapaces en Muxía nun partido no que se viron superados de cabo a rabo. Segue o Camariñas nas derradeiras posicións da táboa clasificatoria. O próximo partido será no Hermanas Patiño ante o Zas.

VETERÁNS: VIMIANZO 1-4 CAMARIÑAS

Victoria merecida do Camariñas ante o Vimianzo por catro goles a un. Partido no que o Camariñas debía de gañar porque se non os vimianceses podíanlle pasar na táboa clasificatoria e deixar moi tocado aos camariñáns. Comezaría o partido con 9 xogadores o Camariñas, e pese a iso, adiantaríase no marcador cun gol de Teodoro. Chegarían Tono de Atlántico e Diego do Snack cando ían poucos minutos de partido e a cousa xa era distinta, con once o Camariñas dominou de principio a fin e Teodoro en 2 ocasións máis, conseguindo un hat-trick e Chocolate de Arou en outra, deixaron o marcador final no definitivo 1-4. Descanso de Nadal na liga de veteráns que voltarán a competición o vindeiro 9 de xaneiro onde o Camariñas enfrontarase ao Nantón.

VETERÁNS: PORTEÑO O-1 SAN LORENZO
Derrota pola mínima do Porteño ante o líder, o San Lorenzo no Hermanas Patiño. Non houbo no partido a diferencia que hai na clasificación, o Porteño plantolle cara a todo un líder e apiques estivo de dar a sorpresa. A vindeira xornada o Porteño xogará ante o Muros tras as vacacións Navideñas.

AS BALEAS
BENXAMÍNS: AS BALEAS 4-9 FISTERRA II

Bo partido o que fixeron os nosos rapaces máis pequechos no que o resultado final non se axusta á realidade. Destacamos unha vez máis que o equipo dos benxamíns está composto por moitos xogadores, é un plantel moi amplo, e como o que conta é que xoguen todos, que tódolos rapaces participen, as veces este feito fai que o aproveiten os demais equipos que tan só poñen a xogar aos seus mellores homes. Polo tanto, chapeau para os benxamíns e os seus adestradores. Destacar a actuación do gardamallas das Baleas Isaac, quen está facendo unha tempada magnífica. Tamén os dous Lucas e Mario tiñeron detalles de xogadores de clase.

ALEVÍNS: AS BALEAS 4-1 FISTERRA II
Seguen sen dar o máximo nivel os nosos alevíns pero como están sobrados de calidade sérvelles para gañar os partidos sobradamente.Na primeira metade, os nosos alevíns non fixeron un xogo moi bo, parece como que queren tantear aos rivais e ver se estes os van a poñer en apretos, como se lles gustasen as emocións fortes. Na segunda metade, sen facer ese fútbol que levan dentro, melloraron un pouco e como decíamos antes, como son nenos dunha técnica exquisita, dunha calidade brutal, sen facer nada do outro mundo, gañaron o partido sobradamente. Destacar a actuación de Brais, que fixo un partido moi completo.

Haberá parón de Nadal na liga comarcal. As Baleas non voltará a xogar ata o vindeiro sábado 15 de xaneiro, onde viaxarán ata Carnota.

¡DENDE A REDACCIÓN DE DEPORTES DE CAMARINAS.EU QUEREMOS DESEXARLLES A TOD@S UN BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!.

{phocagallery view=category|categoryid=396|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.