5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (11 Votes)

Juanillo desgrana unha xornada repleta de encontros na xornada camariñana de fútbol

Xornada marcada polos porteiros, os así tamén chamados arqueiros, gardametas, gardamallas, arqueiros, cancerbeiros (en honor a Cerbero, o can que defendía as portas do inferno), etc... nos que sabemos o que lle chaman aos encargados de desenrolar o máis incomprensible dos oficios futbolísticos. Porque en efecto, incomprensible fui a decisión de encargar tirar un penalti decisivo ao arqueiro camariñán no partido contra o Fisterra, co resultado por todos predecible e incomprensible fui que o Xaviña se presentase en Coristanco prácticamente sen porteiro e que pouco menos que o mesísimo Isaac Caamaño, sabiduría futbolística en movimiento, se tivese que poñer baixo os paus. Paus casi si que levan unha man deles os xogadores do Porteño a mans dunha aficción polo que se ve un pouco pasada de rosca en Caión. A ver si agora que ao parecer a Xunta de Galicia vai a financiar un Estadio Municipal de cáseque un millón de euros se calman os ánimos. Polo demáis na Liga de Veteranos As Baleas o sucesor legal a tódolos efectos do lexendario Bodegón A Moleda, o Frío Darío, situouse a un paso de revalidar título e en canto á crónica histórica esta semana Juanillo contaranos como en toda a historia do deporte rei homes capaces de xogar ao fútbol cun hombro dislocado como si aquí no pasara nada só houbo dous: Franz Beckenbauer e Juan Lista Campaña.

CERCEDA
Cerceda tivo unha nova xornada de descanso.

CAMARIÑAS 0-2 FISTERRA
Perdeu o Camariñas diante dun Fisterra que soubo aproveitar as poucas ocasións que tivo e que se dedicou a dar estopa na maior parte do encontro. Partido disputado de poder a poder entre dous galos da categoría e no que o colexiado do encontro, foi demasiado permisivo cós fisterráns, que empregaron moita dureza no seu xogo.
O Camariñas fallaría un penalti por mediación do seu porteiro Pombo cando o resultado era de 0-1 e os visitantes tiñan un home menos no campo por expulsión. Habería que preguntarlle ao adestrador Manolín, porqué lle mandou tirar o penalti ao porteiro cando ao longo da tempada era outro xogador o encargado de facelo, e sen errar.
Puido empatar o Camariñas, pero unhas veces o porteiro visitante e outras a mala fortuna, impedírono, e cando o partido estaba a piques de rematar, o Fisterra conseguía o segundo gol. Segue o Camariñas de líder, pero agora empatado a puntos có Ponteceso. A vindeira xornada, o Camariñas viaxará ata Esteiro para enfrentarse ao Esteirana.

CLUB DO MAR 1-1 PORTEÑO
Partidazo o que fixo o Porteño de Gerpe diante dun dos equipos favoritos da liga como é o Club do Mar.
A parte de ter que xogar contra un gran rival, o Porteño tamén tivo que aguantar a un público moi agresivo e que non sabe perder, pois ao finalizar o encontro, agrediron ao colexiado da contenda, e os xogadores e corpo técnico do Porteño tiñeron que aguantar moito a falta de educación da hinchada local.
O Porteño fixo un partido moi serio, non deixando que o Club do Mar maniobrara como estaba acostumado a facelo, e iso dou os seus froitos. Tamén tivo que usar a épica para empatar, pois faltando 9 minutos, os locais adiantábanse no marcador, e cando parecía que todo estaba perdido, os locais cometen un penalti sobre Roi. O xogador encargado de tiralo e transformalo, sería Pablo, a quen a presión non lle afectaría para nada.
Segue o Porteño nas últimas posicións da táboa clasificatoria, pero este empate tenlle que dar alas para gañar os próximos encontros. O vindeiro rival do Porteño será o Muros no Hermanas Patiño.

CORISTANCO 5-0 XAVIÑA
O Xaviña segue sen poder puntuar fora da casa, desta vez perdeu contundentemente en Coristanco por 5 goles a cero. Ten 2 caras o Xaviña de Iago, unha cando xoga na casa, na que se mostra como un equipo fiable e outra cando xoga fora, onde parece un equipo máis asequible para os rivais. Para o vindeiro sábado, o equipo que preside Isaac, recibe ao Lira.

XUVENÍS

CAMARIÑAS 2-0 PONTECESO
Victoria clara dos rapaces do Camariñas diante do Ponteceso por 2 goles a cero. Un Camariñas que acabou xogando con 9 homes por mor das expulsións, pero que nunca veu peligrar o resultado. A próxima xornada o Camariñas terá que cruzar a nosa ria para enfrentarse ao Muxía.

VETERÁNS

SAN ROMÁN 6-0 CAMARIÑAS
Media ducia foron os goles que recibiu o Camariñas de veteráns no seu derradeiro encontro diante do San Román.Non están a ser unhas semanas fáciles para un equipo que nos tiña acostumado a estar nos postos de cabeza.A vindeira xornada o Camariñas xogará en Vimianzo.

CERQUEDA 0-2 PORTEÑO
Nova victoria do Porteño, desta vez en Cerqueda por 0 goles a 2. Continúa escalando posicións na clasificación o Porteño que xa comeza a mirar cara arriba. A vindeira xornada, os da Ponte do Porto enfrontaranse ao San Lorenzo.

AS BALEAS

ALEVÍNS - MUXÍA 0-3 CAMARIÑAS
Seguen a gañar todo canto xogan os nosos alevíns das Baleas. Esta vez tocoulle ao Muxía morder o polvo. Pese a que os nosos alevíns non fixeron un partido nada bon, tal e como nos teñen acostumados, pero a calidade que atesouran serviu para que gañasen o partido. Joseba e Pablo Suárez por partida dobre, foron os goleadores do encontro. Destacar a actuación de Pablo, un defensa que tivo que xogar de porteiro pola ausencia dun compañeiro e pareceu que toda a vida xogara de porteiro polo ben que o fixo.
INFANTÍS - MUXÍA 2-6 CAMARIÑAS
Poucos partidos xogan os nosos infantís debido a que os demais equipos non teñen xogadores na categoría infantil, pero cada vez que xogan demostran que son os mellores. Media ducia de goles foron os que lle endosaron os infantís das Baleas ao Muxía. Os goleadores do conxunto camariñán foron Maikel con un doblete, Ismael con outro doblete, David e Juan con un gol cada un.
Destacaron Maikel e Ismael. Xogan poucos partidos estes rapaces por mor de que os demais equipos non teñen conxuntos en categoría infantil, pero cada vez que xogan da gusto velos.
A vindeira xornada, As Baleas reciben ao Fisterra II en categoría benxamín e alevín. Os partidos terán lugar o sábado 18 de decembro a partires das 10 da mañán os benxamíns e as 11 da mañán os alevíns.

LIGA DE VETERÁNS DE FÚTBOL SALA AS BALEAS

{xtypo_rounded_left2}

CLASIFICACIÓN
1º- Frio Dario - 26 puntos
2º- Os boliños - 24 "
3º- Xambois - 23 "
4º- Puerto Arnela - 21 "
5º- Panadería León - 20 "
6º- Lago Lin - 13 "
7º- Kerubín - 3 "
8º- C. Mantido - 0 "

{/xtypo_rounded_left2}

Hai novo líder despois desta derradeira xornada disputada o pasado domingo que deixa os postos de cabeza da clasificación máis apretados que nunca. Xornada na que destacaba sobre todo o encontro entre Os Boliños e Xambois.

PANADERÍA LEÓN 6-2 LAGO LIN
Vicotia do Panadería León ante un combativo Lago Lin que tivo oportunidades para apretar máis o marcador final. David toja con 4 goles,Tono de Presiosa e Alberto foron os goleadores do Panadería León. Fran con 2 goles foi o goleador do Lago Lin. Destacaron David Toja por un bando e Fran polo outro.
OS BOLIÑOS 2-6 XAMBOIS
Era o partido estrela da xornada, onde o líder Os Boliños, enfrontábase a un duro rival que finalmente xogou mellor e mereceu a victoria facendo que Os Boliños perdesen o liderato. Os Xambois adiantaríanse pronto no marcador e souberon replegarse para sair a contra, unha táctica que lles dou resultado.
Con esta victoria, Xambois acércase aos primeiros clasificados e fai máis emocionante o tramo final da liga. Os goleadores por parte dos Xambois foron Perilla con 2 goles, Juan, José Ramón, Diego e Dani con un gol cada un. Por parte dos Boliños, os goleadores foron Elvis e Xuxo. Destacou por parte dos Boliños Elvis e por parte dos Xambois Perilla.
FRIO DARÍO 7-1 KERUBÍN
Partido que tivo historia ata que o Frio Darío se puxo por diante no marcador no segundo tempo. Comezaría gañando o Kerubín pero un penalti a favor do Frio Dario que protestaron moito os xogadores do Kerubín e que os do Frio Darío vírono como penalti claro, serviría para empatar un encontro que só tivo emoción ata que o Frio Darío marcara o seu segundo gol. Frio Darío é o novo líder do campeonato ligueiro. Os goleadores dos buriáns foron Darío con 3 goles, Nando con 2, Arturo e Lito con un. Por parte de Kerubín, Fran foi o goleador. Destacaron Dario por parte do novo líder e Coco polo Kerubín.
PUERTO ARNELA – CONSTRUCCIONES MANTIDO.
Partido que non se chegou a disputar porque o Construcciones Mantido non tiña efectivos suficientes e polo tanto o gañador do partido foi o Puerto Arnela.

A vindeira xornada o partido máis destacado será o que enfronte aos equipos de Frio Darío contra Os Boliños. Dependendo dos resultados, o Frio Dario pode quedar a un pasiño de ser campeón de liga.

O RINCÓN DE JAMELA: “ O día no que Jamela non pudo emular a Beckenbauer “

Era unha nova tarde de domingo, partido de fútbol no Hermanas Patiño de Camariñas, unha xornada máis da Liga da Costa. O calendario quixo que esa mesma xornada o Ponteceso visitara aos camariñáns, un partido máis no que o Camariñas era claro favorito, non se esperaba nada máis que unha victoria local e que non hubera incidencia algunha.

Todo transcurría dun xeito normal, ata que unha xogada sen aparente perigo, cambiou radicalmente o estado de saúde de Jamela. Chega un balón divido as inmediacións de Jamela, quen polo rabiño do ollo ve que un xogador pequeniño do Ponteceso se achega a él, nesto, Jamela mételle o hombro para facer unha carga legal, Jamela pensaba que iba tirar con él, posto que a diferencia de corpo e de forza era abismal, e xusto cando Jamela lle arrima o hombro, o xogador do Ponteceso levanta o seu brazo cara arriba e golpea a Jamela no seu hombro, Jamela nota un chasquido e queda co brazo sen poder movelo, nota unha dor insoportable pero él decide seguir xogando.

Non pode mover o brazo, ten que levalo pegado ao corpo, como fixera o mítico Frank Beckenbauer.
Dase de conta o adestrador Juan José da Caixa de Aforros e chama a Jamela, e dille que si está ben, Jamela poñe os brazos en cruz para demostrarlle ao entrenador que él non ten ningún problema, pero a dor era tan insoportable que apenas podia aguantar cos brazos abertos, pero Juan José faille caso e o partido continúa ata que hai un córner a favor do Camariñas, sácase o córner e Jamela olvídase do seu hombro por un momento e pega un salto buscando o balón o cal remata, pero na caída Jamela queda k.o no chan e xa non pode nin levantarse.

Directamente chaman un taxi e acompañado por Suso do Catalán (home que sempre estaba a disposición do Camariñas e dos seus xogadores, todo un exemplo), emprenden viaxe cara o Hospital San Rafael da Coruña. Alí Jamela ten que vivir un calvario, pois co oso do hombro fora do sitio e debido a que había enfermeros facendo as prácticas de mediciña, facíanlle radiografías pero non se vía nada, e así pasaban os minutos mentres Jamela soportaba unha dor insufrible, e así ata que chegou o médico principal e por fin poideron comprobar o que xa se sabía, Jamela tiña o hombro fora do sitio. O médico de turno púxolle unha vendaxe amarrándolle o brazo ao corpo e vendándolle case toda a espalda. Jamela non se podía nin mover.
Chegaron a Camariñas e Jamela foi para súa casa, pero no medio da noite e sen poder dormir, chama a súa muller Carmiña e dille que lle corte a vendaxe enteira.

Dito e feito, Carmiña agarra a tixeira e córtalle todo, e así Jamela sin pegar ollo toda a noite. A mañán seguinte, Jamela vaise camiñando ata a casa de Señora Estrella (a nai de Sotil e de Tono do Atlántico) que nada máis velo xa lle dixo que tiña o oso do hombro fora do sitio.

Señora Estrella díxolle que tiña que chegar co brazo levantado ata unha viga de madeira que tiña no teito da casa, Jamela pouco a pouco foino levantando ata que chegou a biga, momento no que señora Estrella empezou a manipular o hombro ata que se escoitou un “crack”, o oso xa estaba no sitio e Jamela movía o brazo perfectamente.

Dinos Jamela que esta señora si que era unha auténtica médica e non os do Hospital San Rafael que non eran máis que matasanos, señora Estrella foi quen curou ao noso Jamela para que pondera seguir facendo o que máis lle gusta, xogar ao fútbol.

 


 

Comentarios   

diegoalfr
+2 # RE: A Crónica de Juanillo 12-12-2010diegoalfr 16/12/2010 10:46
Jo! Juanillo si señor! da justo ler as túas crónicas. Non don crédito ao que contas do que pasou no hermanas patiño este domingo:

INCREIBLE!!! O FC Camariñas xogando contra un rival directo e con 0-1 en contra no marcador e o árbitro pita penalty a favor do Camariñas. E vai o entrenador do FC Camariñas mándalle tirar o penalty ao ¡¡¿PORTEIRO?!!

Ay ! Mimadre!! como está o patio... en fin filosofía futbolística en estado puro.

Chapeau Griguol!!

Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+2 # RE: A Crónica de Juanillo 12-12-2010diegoalfr 16/12/2010 11:44
Está ben estes videos...

Denunciar ante o administrador
Mikel
+1 # RE: A Crónica de Juanillo 12-12-2010Mikel 16/12/2010 14:22
Nin máis nin menos...como di Sefa ""Viva Juanillo",eu hoxe dijo,Juanillo dalle vida a esto do FúTBOL...saúdos Crak
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+2 # RE: A Crónica de Juanillo 12-12-2010rubiasexy 16/12/2010 16:56
si señor os vidios maravillosos viva juanillo jaja eso mikel
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.