5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Importantísima victoria a domicilio das nosas palilleiras

O Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas saíu vencedor do derbi coruñes ante o Balonmán Narón por un claro 22-27. Os dous únicos conxuntos femeninos da provincia enfrontábanse nun encontro que se adiviñaba emocionante e igualdado ata os derradeiros minutos, e así foi. As camariñanas foron por diante durante os sesenta minutos, a non ser nos primeiros quince, nos que se alternaron varios empates no electrónico. As do Encaixe saíron moi metidas no encontro e coas ideas moi claras en defensa, as laterais locais non atopaban boas situacións de lanzamento ante a presión camariñana, as extremos non eran quenes de desbordar no un contra un e os pases a pivote eran ben interceptados polas defensoras palilleiras. As visitantes aproveitaron o desconcerto do ataque ferrolán para acadar varias recuperacións de balón e imprimirlle máis velocidade ao xogo mediante contragolpes directos que lle permitían manter a mínima vantaxe no electrónico; no ecuador do encontro, o marcador reflictía un 11-12 a prol das da Costa da Morte.

{xtypo_quote_right}O ENCAIXE ACADOU UNHA TRABALLADA VICTORIA NO DERBI CORUÑÉS DA NOSA DIVISIÓN{/xtypo_quote_right}

Na segunda metade o Encaixe chegou a despegarse cunha diferencia de ata cinco goles; a defensa mixta das de Narón sobre Minchu deixaba máis espazos atrás, Ali apoiaba ben ás súas compañeiras dende o pivote, permitindo que Laura e Cris Bareriro recibisen en carreira e acadasen situacións claras de gol ante a portería local, ao mesmo tempo, Minchu debordaba facilmente en ataque para que Sara e Aida finalizasen con éxito dende os extremos, e Sara Morandeira facía o propio en portería. Nos derradeiros cinco minutos, un amago de reacción local reducindo a diferencia a tres goles, foi rexeitado por varias paradas de Sara baixo os paos. Ao final o resultado foi un xusto 22-27 favorable ao Encaixe.

O adestrador Bruno López amosouse satisfeito co triunfo das súas pupilas e coa actitude coa que o equipo afrontou o derbi: “ son dous puntos importantes nunha pista complicada, plantexamos ben o encontro defensivamente e en ataque tivemos a tranquilidade e a movilidade necesarias para atopar os erros do rival; a pesar de todo o Narón nunca deixou de loitar e púxonos as cousas complicadas ata o pitido final, hai que felicitalas tamén; agora toca seguir traballando e adquirir maior regularidade na actitude á hora de afrontar os próximos encontros ”.

{xtypo_info}Estadísticas do partido Narón vs. Encaixe-Camariñas{/xtypo_info}

Narón: Jennifer, Alesandra (1), Lucía (3), Jessica, Sofía (3), Silvia (1), Carla, Iris, Nerea (1), Berta, Raquel, Noelia (1), Noelia (7), Nerea R. (5).

Encaixe: Sara, Sandra, Aida (3), Cris B. (9), Jessica, Nerea, Minchu (6), Verónica, Sara G. (4), Cris S. , Laura (4), Karina, Alicia (1).

Árbitro: Alberto Picallo, cunha actitude moi positiva de cara ao encontro, con algúns erros propiciados polo feito de pitar só, ben en liñas xerais.

O Encaixe descansará esta xornada polo parón da competición, pero a vindeira semana recibirá ao Atlético Bueu.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.