5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (17 Votes)

Juanillo O Mago de Corea desmenuza toda a xornada futbolistica do Concello de Camariñas para Camarinas.eu

... e asistiremos esta vindeira xornada ao derby camariñán posiblemente máis desnivelado dos últimos tempos, derby ao que chegan un FC Camariñas pletórico, líder en solitario da Segunda Rexional tras arrasar no seu propio feudo a un cautivo e desarmado Buño, e un dubitativo Porteño que non deixa de coquetear perigosamente cos postos de descenso que levan ata a Terceira Rexional, división na que un sorprendente Xaviña FC volvío a facerse forte no seu fortín do Hermanas Patiño e arrancou un meritorio empate diante do líder da categoría o Corcubión en encontro disputado o sábado, día da semana precisamente no que segundo a opinión autorizada dun experto membro do sabio Senado futbolístico do Café Bar Arnela residiría a causa dos éxitos así como dos fracasos deportivos do acorazado balompédico xaviñán, equipo que tería como talón de Aquiles, como punto débil insoslaiable, non o feito de ter que xogar lonxe do seu fortín inexpugnable cada 15 días senón en que ditos encontros recaerían en domingo, día que como se sabe sucede ao do sábado e bueno, en fin, dada a xuventude e inexperiencia do plantel xaviñán algún dos seus membros podería ser confundido polo saturday night fever e chegar falto de folgos para os encontros dominicais, como por exemplo o que disputará o vindeiro domingo en terras de Mazaricos o club tan sabiamente dirixido por Isaac Caamaño...

CERCEDA 1-2 VILALBÉS
Chegou a primeira derrota na casa esta tempada xusto no mesmo día no que o Ferrol tamén perdía na casa. Escapounos a posibilidade de coller o liderato e con un partido menos, pero non puido ser. Comezamos gañando, Manu Barreiro marcaría nada máis comezar o encontro e chegaríamos ao descanso co resultado de 1-0. O segundo tempo foi todo un desastre para nós, non demos unha a dereitas e o Vilalbés aproveitou os nosos erros clamorosos para remontar un encontro que tiñan perdido. Decir que tan só ían 18 minutos cando recibín unha patada dun contrario, entroume forte a altura do xeonllo esquerdo e tiven que ser sustituido, o árbitro que era de Baio nin siquera pitou falta e sacoume tarxeta amarela a min. Parece ser que tan só é un esguince de xeonllo. Espero poder xogar esta fin de semana aínda que vai ser moi complicado. Temos derbi o próximo sábado, xogamos contra o Mesón do Bento (con b), un partido no que eles xóganse a honra de derrotarnos e así según din, xa salvan a tempada.

BUÑO 0-4 CAMARIÑAS
Vento en popa a toda vela... Así é como vai o Camariñas que xa é líder en solitario despois de que o Club do Mar perdera en Dumbria ante o filial local. Pasou o Camariñas como un ciclón por enriba de un Buño que non tivo opción algunha. Mané, Brais por partida dobre e Juan o Vello foron os goleadores do partido. Segue o Camariñas con paso firme e demostrando que vai pelexar ata o derradeiro momento por acadar o título ligueiro. Temos derbi a vindeira xornada, o Camariñas recibe ao Porteño. A pesares da diferencia na táboa clasificatoria, os derbis sempre son outra cousa e seguro que veremos un auténtico partidazo no Hermanas Patiño.

PORTEÑO 1-2 CASTRIZ
Mazazo o que levou o Porteño de Gerpe esta xornada diante do Castriz o que fai que o Porteño se coloque cerca do descenso. Dinme que a pesares de non ser un bo partido, o Porteño pagou a falta de pegada, e o que mellor aproveitou as ocasións foi o que gañou o partido, neste caso o Castriz. O gol do Porteño foi obra de Óscar. Ten que empezar a gañar partidos como sexa o Porteño e a vindeira xornada, é propicia para dar un golpe de efecto, a vindeira xornada hai derbi ante o Camariñas, o líder. É un encontro no que os de Gerpe non teñen nada que perder e no que unha victoria ante o líder reforzaría a moral dos da Ponte do Porto.

XAVIÑA 1-1 CORCUBIÓN
¡¡Retroceder nunca, rendirse xamais!!!. Ese é o lema dun equipo que cando actúa como local, dalle igual a categoría do seu contrincante, e o Xaviña de Iago demostrou unha vez máis que na casa vai ser difícil que lle gañen partidos. Voltaba a haber unha formidable entrada no Hermanas Patiño este sábado pasado para ver ao equipo que preside Isaac. Adiantaríase no marcador o Corcubión, todo un aspirante ao ascenso, pero o Xaviña non se viría abaixo e con garra e ilusión, lograban na segunda metade por mediación de Carlos do Meu Lar, quen co seu gol recordaba ao mesmísimo Goikoetxea no Mundial de USA 1994 ante Alemania, o Xaviña empataba e polo tanto conseguía un valiosísimo punto para seguir demostrando que o que queira vencelos no Hermanas Patiño, vai ter que suar sangue. A vindeira xornada o Xaviña viaxará ata Mazaricos, alí terá que verse as caras co actual líder.

XUVENÍS: MALPICA 2-1 CAMARIÑAS
Derrota poloa mínima do Camariñas xuvenil na súa visita a Malpica. Os camariñáns seguen sen conocer a victoria lonxe do Hermanas Patiño.

VETERANOS: CAMARIÑAS 2-1 CASTRIZ
Tuveron que suar moito os homes de Gonzalo para gañarlle a un Castriz que xogou en inferioridade todo o partido por falta de xogadores. Rompen así os de Gonzalo unha mala racha e a ver se esta victoria serve para cargar as pilas e coller moral para intentar gañar próximos encontros e subir postos na táboa clasificatoria. Victor e Teodoro foron os goleadores do Camariñas. O Bergantiños será o próximo rival.

VETERANOS: CLUB DO MAR 4-6 PORTEÑO
Espectáculo de goles no partido entre o Club do Mar e o Porteño. Media ducia foron os goles que lle endosou o Porteño ao Club do Mar para gañar novamente fora da casa, xa van 2 seguidos e que continúe a racha, pois o Porteño agora si que está aproveitando as ocasións que crea. Os goleadores foron Ferrín, Argentino, Antonio, Javier, Parri e Javier Baña. Vai escalando posicións na táboa clasificatoria e ten que seguir con esta dinámica gañadora para intentar achegarse aos postos de arriba.

AS BALEAS
Esta xornada, os rapaces de As Baleas visitaron Vimianzo para enfrontarse aos locais en categoría benxamín e alevín. Novamente os infantís non tiveron partido porque o Vimianzo non ten equipo nesa categoría.

BENXAMÍNS: VIMIANZO 13-0 AS BALEAS
A pesares de levar outra malleira, os benxamíns están a mellorar e nótase moito que os demais equipos teñen a rapaces que son benxamíns de segundo ano e os nosos son de primeiro ano, e nestas edades un ano máis nótase moitísimo. Destacou novamente a actuación do porteiro de As Baleas, Isaac, quen a pesar de recibir 13 goles, fixo paradas de moito mérito. Tamén se lle notan detalles de calidade a Lucas de Xaviña, Mario, Lucas... Moitos ánimo a estes rapaces que seguro as victorias chegarán pronto.

ALEVÍNS: VIMIANZO 2-5 AS BALEAS
Partidazo dos nosos rapaces en categoría alevín que acabaron goleando ao Vimianzo. Os goles foron obra de Joseba, quen fixo un hat-trick, Adrián e Pablo Suárez. Destacar a actuación de Joseba, a parte dos 3 goles dou dúas asistencias. Este rapaz promete e de seguir así vai dar moito que falar. A vindeira xornada tócalle descansar As Baleas. A vindeira semana teremos xa a disposición de todos vós o novo relato da Rincón de Jamela.

Un saúdo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web única e inimitable, a web de ideas propias!!.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.