5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
O Balonmán Encaixe afrontaba unha fin de semana de dobre xornada, depois de acadar unha importante victoria a domicilio ante o Samper Sárdoma, as camariñanas tiñan a oportunidade de despegar definitivamente na táboa clasificatoria, xa que recibían no seu feudo a un rival directo e a un dos equipos con maior potencial da categoría.

Encaixe-Camariñas vs. Balonmán Caselas

O venres, tocou recibir ao Balonmán Caselas; un equipo que sen un gran xogo e con poucos recursos acadou impoñerlle o seu ritmo a un encontro cheo de erros e imprecisións, as da Costa da Morte saíron adormiladas e cunha presión innecesaria ante un rival inferior en calidade pero máis centrado en sacar algo positivo da súa viaxe á terra do encaixe. As visitantes atoparon moitas facilidades na defensa local para acadar goles, as circulacións dos extremos, a falta de atención ao pivote e a falta de concentración aliáronse en contra dun Balonmán Encaixe que clarísimamente non tiña o seu día; Cris Barreiro e Nerea, pouco aroupadas polas súas compañeiras, eran a única baza camariñana en ataque, a medida que pasaban os minutos e seguía a igualdade no marcador, o nerviosismo e impotencia por entrar no partido das palilleiras facíase visible en inexplicables perdas de balón e erros de lanzamento; a falta de dous minutos para o remate, con tres goles de vantaxe para as de Salceda, as do Encaixe arriscaron en defensa pero non saíu ben, así se chegou a un sorprendente 12-18 a prol das do baixo Miño. Aida con catro goles foi a máxima realizadora do encontro.

Encaixe: Cris B., Aida (4), Minchu (3), Nerea (2), Verónica, Sara G. (1), Cris S. (2), Laura, Sandra, Karina, Juana e Alicia.
Caselas:
Elena (1), Patricia (3), Laura (1), Lorena (3), Noelia, Nieves (3), Yolanda (3), Elena, Bibiana, Amanda , Cristina (4), Iris, Mari.
Árbitro: José Pérez, sen comentarios porque a culpa non é del, se non de quen o designa a él sólo.

Encaixe-Camariñas vs. Balonmán Lavadores

O sábado, cos ánimos mermados polo mal partido do día anterior, as do Encaixe recibían a un os rivais con máis oficio da categoría, o Balonmán Lavadores, un mal rival para tentar resarcirse da derrota ante o Caselas. O encontro comezou coas viguesas aproveitandose das falta de decisión local en ataque, endosándolle así un parcial de 0-4 ás camariñanas. Os axustes defensivos sobre a pivote visitante poñían en problemas ao Lavadores, pero os erros de lanzamento facían imposible a remontada local; chegouse así cun 12 – 15 ao descanso. Na segunda parte as de Camariñas saíron convencidas de darlle a volta ao encontro; Minchu e Aida asumiron a responsabilidade en ataque, tamén  Sara no pivote poñía en problemas ás viguesas; mentres que e Ali e Laura tomaban a responsbilidade defensiva. A segunda metade o partido foi moito máis igualado, o Encaixe chegou a estar a tan só un gol por debaixo no electrónico, pero a falta de sete minutos para o remate, un par de erros no lanzamento e unhas polémicas decisións arbitrais, provocaron o definitivo 23-33 a prol do Lavadores. Minchu, con oito goles foi a máxima realizadora do encontro.

Despois da dobre xornada, Bruno López comentou : “ tivemos unha boa oportunidade para sumar esta fin de semana, pero non a aproveitamos, non afrontamos o encontro do venres coa actitude que requería, non demos boa imaxe ante o noso público e iso condicionounos para o encontro do sábado, no que tardamos en atopar o ritmo de partido; non podemos amosarnos tan vulnerables e menos na nosa casa, estamos a acusar moito a baixa de Jessi en facetas ofensivas; toca traballar aínda máis e afrontar a nosa visita desta semana a Narón con gañas e ilusión, eu confío na capacidade do grupo para reaccionar”.

Encaixe: Cris B. (5), Aida (2), Minchu (8),Verónica, Sara G. (1), Cris S. (2), Laura (1), Sandra, Karina e Alicia, Juana (4).
Árbitro: Pablo Gonzñalez, sen comentarios porque a culpa non é del, se non de quen o designa a él sólo.

Esta semana o Encaixe visita a pista do Balonmán Narón, unha visita complicada ante outro dos rivais directos.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.