- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 08 Novembro 2010 08 Novembro 2010
Se hai uns meses falábamos de que unha das perlas da prolífica canteira da Asociación As Baleas, Javi Valencia Vigo, acababa de fichar polo Deportivo da Coruña Benxamín, agora e na mesma demarcación, a de porteiro, temos que falar dos éxitos doutro xove camariñán que pouco a pouco, con gañas, traballo e ilusión, estase abrindo paso no duro e competitivo mundo do fútbol. Trátase de Jorge Vázquez Barcia, rapaz de 11 anos, fillo do noso querido amigo Rique dos Catro Ventos, que ven de ser seleccionado para a Selección Coruñesa de Fútbol 7. Jorge, como tantos e tantos rapaces da Vila das Palilleiras, dou os seus primeiros pasos fútbolísticos baixo a sabia batuta dos seus adestradores das Baleas, sobre todo Visentiño e Faus (aos que os pais de Jorge queren agradecer especialmente todo o traballo e sacrificio adicado ao seu fillo e fan partícipes deste gran éxito acadado por Jorge). Despois dou o salto ao esixente Luis Calvo de Carballo no que fui campeón de liga de futbol 7 ademáis de ser nomeado recentemente mellor porteiro do Torneo de Laracha de Fútbol 7. Xa nas Baleas Jorge fora campeón da Liga e da Supercopa de Futbol 7 da Costa da Morte. Un currículum envidiable que o levou a adestrar tal e como ilustra a imaxe con vello mito das porterías españolas como Agustín Elduayen (Real Sociedad, Atlético de Madrid, Burgos, Deportivo da Coruña) e antigo coñecido na Escola de Hostelería do noso redactor Luis Esteiro Ramos. Seguro que cas gañas e o talento natural que Jorge posee seguirá dando pequenos pero firmes pasos para quen sabe si un día poder chegar ao máis alto do fútbol español. En principio xa nacío dotado do talento natural dos camariñáns para a práctica do deporte rei. E como é normal os seus pais móstranse moi orgullosos dos logros de Jorge ao cal queren dar unha grata sorpresa comunicándolle a boa nova a través da web máis vista da Costa da Morte. ¡¡Felicidades Jorge e xa sabes: a traballar duro!!


Comentarios
Noraboa aos pais tamén.
Enhorabuena, que tengas suerte y trabajes duro para conseguir nuevas metas.
Reyes
NORABOA, CHAVAL.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.