- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 23 Outubro 2010 23 Outubro 2010
O BM Feminino Encaixe-Camariñas acadou un empate fronte ao Peguform Sar despois de realizar unha mala primeira metade. O Encaixe comezou dubitativo no encontro, asnsiosas de acadar o seu primeiro triunfo, as pupilas de Bruno López non acadaban perforar con eficacia a portería contraria; as ocasións de lanzamento eran claras pero as locais non eran quenes de materializalas. Os erros de lanzamento, e a relaxación defensiva provocaron a alarma no bando local ao descanso; un sorprendente 3-7 a prol das de Redondela facía presaxiar o peor desenlace.
Na segunda metade, as de Camariñas saíron dispostas a cambiarlle a cara ao partido, cunha boa defensa cimentada en Alicia, Laura e Sara, e baixo a maxistral dirección de Jessi no central, as do Encaixe imprimíronlle un ritmo más alto ao encontro, Minchu dende o extremo lideraba a remontada local mentres que Verónica a falta de tres minutos e cunha boa deifinición dende o extremo esquerdo poñía por diante ás palilleiras. A falta de corenta segundos, a Sar impuxo a igualdade de novo no electrónico, as locais tiveron a oportunidade de atacar pero non acadaron materializar o gol que lles daría o triunfo, así chegouse ao derradeiro 15-15.
{xtypo_quote_right}O ENCAIXE ACADOU EMPATAR FRONTE AO PEGUFORM DESPOIS DUNHA MALA PRIMEIRA METADE{/xtypo_quote_right}
O adestrador do Encaixe comentou: “ o empate non nos sabe de todo ben porque somos conscientes de que era un partido para gañar, pero saír dunha racha negativa é complicado, e este é un paso adiante, a reacción do equipo na segunda metade foi moi boa, as xogadoras propuxéronse a remontada e acadaron o empate, loitaron e xogaron sen complexos, eu creo que o sábado quedaron patentes cousas moi positivas: Sandra cada día está a adquirir máis táboas na portería, Laura, Alicia e Sara son quenes de defender a un gran nivel, Verónica está a evolucionar a pasos axigantados, Jessi estivo impresionante e estase a dar conta do que pode dar xogando con confianza; Cris e Nerea están a adquirir minutos pouco a pouco e aproveitando ben as súas oportunidades, Karina está a coller ritmo de competición despois da súa lesión, Aida segue a mostrar moita confianza en defensa e Minchu botouse o equipo á espalda en ataque cando máis o precisabamos, en definitiva, creo que estamos no bo camiño, pero temos que confiar máis nas nosas posibilidades”.
Esta semana o Encaixe visitará unha das canchas máis difíciles da competición, medirase ao Azkar Seis do Nadal no seu feudo, en Coia.
{xtypo_rounded2}As goleadoras foron:
Encaixe: Sandra, Juana (1), Jessi (3), Minchu (4), Sara (2), Véro (2), Alicia (3), Cris, Nerea, Laura, Karina, Aida.
Sar: Lucía, Ana(4), Zaira (4), Antía (3), María, Soraya, Noemi, Verónica (2), Laura (1), Cristina (1), Pamela.
Árbitros: Pablo Goitia y Rafael Iglesias, ben na súa labor.{/xtypo_rounded2}