5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (2 Votes)

O Encaixe-Camariñas enfróntase este sábado ao SAR

Esta tarde, oB.M. Encaixe-Camariñas recibe ao Peguform Sar de Redondela, o  encontro terá lugar ás 18:00 horas no Pavillón de Ponte do Porto, os colelxiados serán, Pablo Goitia y Rafael Iglesias.As de Redondela chegan despois de perder contundentemente fronte ao Porriño, mentres que o Encaixe non puido xogar por aprazamento do partido que debia disputar en Salceda de Caselas a pasada xornada; dende o clube mostran o seu malestar cos aprazamentos dos encontros, en palabras do adestrador Bruno López: “ estamos moi molestos porque todas as semanas recibimos chamadas para aprazar os encontros por falta de xogadoras nos outros equipos, mentres que nos levamos xogando todas as xornadas con baixas, ísto quitalle seriedade á competición e dende logo non beneficia para nada ás xogadoras que non adquiren o ritmo de xogo esperado”.

O partido promete igualdade, aínda que sobre o papel, son as da comarca de Vigo as que parten como favoritas. Pola contra, o Encaixe afronta o choque con sede de victorias e sabendo da importancia de adquirir puntos como local e máis ante rivais directos coma o Peguform. As claves do encontro segundo o adestrador camariñán estarán en levar o ritmo de xogo e non permitir os ataques largos das visitantes, ademáis as locais deberán aproveitar a velocidade nas transicións para facer gol e non errar lanzamentos claros. O Peguform Sar presenta unha primeira liña con experiencia na categoría e bós conceptos tácticos, polo que tamén será importante para as camariñanas non caer nos amagos das laterais para non recibir excusións e a consecuente inferioridade numérica que complicaría a loita polos puntos.

Na convocatoria figuran:


Sandra-porteira-, Aida, Nerea, Verónica, Alicia – segundas  líñas-; Laura, Sara, Minchu, Jessica e Cristina – primeras líñas-. Son duda Juana e Sara, a primera por motivos laborais e a segunda por estar en fase de recuperación dunha lesión no cóbado, causarán baixa por decisión técnica: Cistina Barreiro, Ana Lage e Fátima


 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.