4.6923076923077 1 1 1 1 1 Rating 4.69 (26 Votes)

Isaac Caamaño é obxecto dunha entrevista realizada por Juanillo, o Mago de Corea

Se de Don Manuel Fraga alá nos añorados e exemplares anos da Transición decían que era un home ao que lle cabía todo o Estado na cabeza, da mesma forma de Isaías Caamaño Barreiro, Isaac do Jallejo, cabe decir que posiblemente sexa a única personalidade dentro do fútbol da Costa da Morte capaz de levar cáseque en solitario as rendas de  todo un club de fútbol. Dotado dunha inigualable visión de futuro,  foi quen de avizorar a fundación do Xaviña F.C. alá onde os demáis non vían nada e poseedor dunha sabiduría futbolística superior foi quen de crear un plantel equilibrado e de calidade, formado prácticamente na súa totalidade por rapaces nacidos no Concello de Camariñas, que na súa andaina de debut no difícil mundo da competición federada estase a comportar dignamente e que promete dentro de non moitas datas levar a ledicia e o bo fútbol ás gradas do Hermanas Patiño. Juan Manuel Cabrejo Pasantes, redactor xefe dos deportes do xigante mediático da Costa Atlántica, decide renderlle a homenaxe que merecía unha persoalidade clave para entender o fútbol da Costa e faille unha extensa e exhaustiva entrevista na sección de camarinas.eu adicada á análise deportiva. Con todos vos, Isaías Caamaño Barreiro, Isaac do Jallejo, o gran responsable do miragre futbolístico xaviñán.

Entrevista a Isaac Caamaño por Juan Cabrejo "O Mago de Corea"

Isaac Caamaño

Estivemos na tarde do sábado 9 de outubro con Isaías Caamaño Barreiro, máis coñecido como Isaac do Jallejo, tarde na que o debutante Xaviña F.C. lograba o seu primeiro punto da tempada e na que quixo relatarlle ao diario dixital máis importante da Costa da Morte, a CAMARINAS.EU, como levou, leva e levará adiante a creación do XAVIÑA C.F.

Isaías Caamaño Barreiro, naceu en Xaviña un 7 de Xuño de 1950. Despois de moitos anos andando ao mar nun barco da familia onde compaginaba traballo con outros irmáns seus, decidío, cando atopou ca xubilación o tempo libre que o traballo lle impedía, levar adiante o que era o soño da súa vida.

Isaac é un home enamorado do fútbol, de feito, antes de embarcarse nesta aventura como presidente, foi membro da directiva do FC Camariñas moitos anos e delegado do seu equipo de xuvenís, onde un que lles narra esta entrevista, da fe da boa persoa que é Isaac e das apostas que daquela nos facía aos que formábamos o equipo de xuvenís daquela época como Tono do Atlántico, Guillermo, Ramón do Meu Lar, Arturo, Luis de Ricardo, Pablo Rego, Iván (fillo de Italia), Canducho, Toni, Gonzalo, Gerpe, Javier (Canillas)... e onde quedamos campeóns de liga sen perder ningún partido, tal motivo fixo que Isaac invitara a toda plantilla a unha exquisita cea a final de tempada.

Últimamente foi dende hai uns anos cando a Isaac se lle aparecío unha idea fixa, unha idea que lle rondaba pola cabeza e que tiña que levar a cabo como fora: Isaac quería crear o Xaviña C.F. pero sempre había un pero, e quen lle prometía axuda ao final dáballe a espalda e o proxecto íase ao garete.

{xtypo_rounded_left2}
Directiva do FC Xaviña
Presidente: Isaac do Vallejo.
Vicepresidente: Roberto Carril Bermúdez.
Secretario: Fran de Choniño.
Tesorero: Eduardo Rodríguez Cabeza.
Vocais: Manuel Castiñeira Santos / Noelia Castiñeira Santos / Noelia Martínez Santos / Noelia López Santos / Laura Sambade Romero / Jennyfer Santos.
{/xtypo_rounded_left2}

Pero este ano, verán de 2010, Isaac por fin levou a cabo o seu soño, fundar de novo o Xaviña C.F. e así, despois de moitos atrancos, o club do seus desvelos saío a competir na liga da Terceira Rexional Autonómica.

¿De onde surxío a idea de crear o Xaviña C.F.?
Era unha cousa que eu tiña en mente dende fai anos pero sempre había unha traba final que facía que a idea non saíse adiante. Este ano xunteime con persoas que me axudaron e vin que era posible crear o clube e así foi. Estoulle moi agradecido a todos eles.
¿Contou con moita axuda para formar o clube e xuntar xogadores para facer o equipo?
Si, a verdade e que a parte das persoas que formamos a directiva, recibimos axuda do exterior en forma de ánimos, moita xente pola calle nos da moitos ánimos e nos anima a seguir adiante, eso tamén é importante aínda que se todos se fan socios mellor. A plantilla enseguida se confeccionou e Iago o adestrador axiña puxo moito do seu lado para colaborar con nós.
¿Con cantos socios conta Xaviña C.F. actualmente?
Temos 152 socios e 37 socios protectores. Dende aquí quero aproveitar para darlle as grazas a todos eles. Tamén é certo que deberíamos ter algúns máis que me dixeron que querían ser socios, pero os encargados de facerme os carnés non debéronse de equivocar e non os fixeron, houbo problemas cos carnés pero para o ano non voltará a pasar, non pecaremos de principiantes.
Isaac facendo ao mesmo tempo de Presidente e recollepelotas¿Tivo problemas para encontrar sponsors para as camisetas e demáis?
A verdade é que non, Muebles Sambade patrocina a primeira equipación do equipo, Construccións Casal patrocina a segunda, e Frigoríficos Canosa patrocínanos os chandals e os carnés. Os balóns e os petos patrocínaos Construccións Cantón Carril e Electricidade Canosa. Quero agradecer enormemente a colaboración de todos eles. Eso si, fáltanos patrocinadores para os chaquetóns e as sudaderas de entreno, a ver se anima alguén, dende aquí aproveito a tirón que tedes en Camarinas.eu para buscar máis colaboración.
¿Por que a indumentaria en cor azul e branca?
Son os mesmos cores que tiña o equipo alá polo ano 1965, e nós quixemos seguir con esa tradición.
¿Que espera deste primeiro ano deportivamente falando?
A idea é a de ir crecendo pouco a pouco, ir mellorando partido a partido. Somos un equipo moi novo que temos que aprender moito e as derrotas serven para aprender a parte de que sean dolorosas. Sabemos que perderemos moitos partidos pero en ilusión seríamos os primeiros.
¿Para cando ese primeiro triunfo?
Este último partido conseguimos o primeiro punto, un punto que sabe a gloria e máis despois de ir perdendo 0-3 no descanso. Este vindeiro domingo xogamos en Outes e ogallá sexa alá inda que o vexo complicado, o Outes é un equipo moi aguerrido e as veces agresivo. Penso que o primeiro triundo do Xaviña C.F chegará dentro de quince días, cando nos enfrentemos ao Corcoesto no Hermanas Patiño.

¿Tes a idea de ter un campo propio?
Si, a idea témola e temos todo planeado nas nosas cabezas pero sabemos que é complicado o tema, necesitamos moita axuda e esperemos tela. O campo querémolo facer no campo de tiro, antes chamado Campo do Cotro. Temos pensado de momento, facer ao lado da Igrexa, un campo para entrenar, temos o terreo e temos que deixalo un pouco liso cunha máquinas primeiro e colocarlle a luz. Temos cousas, pero como dixen antes toda axuda é pouca e nós necesitámola.
¿Que presidente do fútbol modesto foi a túa referencia?
Para min é Juan de Baíñas, o presidente do Soneira. Paréceme moi boa xente, tamén é verdade que ten moi bos directivos que lle fan moito traballo, pero Juan é bó presidente e boa persoa que tamén é moi importante.

Foto do equipo ao completo e gran parte da directiva do Xaviña FC

¿Un equipo modelo?
O Soneira. Cumple cos xogadores e os últimos anos logrou títulos que moi poucos clubes poden presumir de ter.
¿Estades xa mirando fichaxes de cara a vindeira tempada?
Si, xa temos 2 concretados, mellor non digo os nomes por si algún os quere levar, son dous rapaces de Xaviña que queren vir con nós. Dígoche unha cousa, a porta de entrada e de saída sempre está aberta no Xaviña C. F., quen non queira estar con nós sabe que pode marchar e quen queira vir tamén sabe que o pode facer.
¿Un desexo para este ano?
Non ser últimos, intentar acabar o máis arriba posible e sobre todo que non teñamos lesións, espero que ningún rapaz que está con nós se lesione, porque esto é un pasatempos, ninguén cobra un peso e todos traballan ou estudian.

Isaac Caamaño, Presidente do FC Xaviña¿Un pronóstico para segunda e terceira regional?.
En terceira subirá o Nantón. En segunda estará a cousa moi apretada, pero teño claro que o Baio de Tono do Atlántico vai a dar moitas sorpresas e estará arriba e algún que pensaba levar esto de calle vai levar sorpresas desagradables.

Antes de rematar e agradecerlle a súa atención e tempo adicado a esta humilde web, Isaac dinos que quere facer unha denuncia: “cada partido que levamos xogado como locales no Hermanas Patiño agás este último, aos xogadores estanlle a faltar diñeiro dos seus petos, por iso quero denunciar este feito xa que me parece lamentable e espero que non volte a suceder”.

E xusto cando me ía a despedir de Isaac e agradecerlle a súa atención, éste, astutamente, pregúntame, “ dime unha cousa Juan, ¿cando vas deixar o Cerceda?”, ao que lle respondín que xa falaríamos de negocios...

Aquí tedes, un home que ata que levou adiante o seu proxecto, o seu gran soño, non parou. Isaac do Jallejo, o Presidente do Xaviña Club de Fútbol.


Comentarios   

juanillo
+3 # RE: Isaac Caamaño, Presidente do Xaviña FCjuanillo 13/10/2010 21:21
ENCANTADO DE HABERLLE FEITO ESTA ENTREVISTA A UN HOME BÓ E XENEROSO COMO POUCOS, ISAAC DO JALLEJO. DESÉXOLLE TODA A SORTE DO MUNDO.
Denunciar ante o administrador
jose de marta
+3 # RE: Isaac Caamaño, Presidente do Xaviña FCjose de marta 14/10/2010 19:33
Muy boa entrevista roncero,e de paso darlle un saludo muy grande tamen para isaac,un home muy bo.
Denunciar ante o administrador
zhúkov
+2 # RE: Isaac Caamaño, Presidente do Xaviña FCzhúkov 14/10/2010 20:06
Gran entrevista, gran detalle o de Juanillo o de render a debida homenaxe a todo o esforzo, a dedicación, a confianza,a ilusión, dun home en cumprir o seu soño. Xa era hora de reconocer en público todo o esforzo de Isaac Caamaño. Ninguén sabe o que deparará o futuro pero o acadado ata o de agora xa fixo historia.
Denunciar ante o administrador
Mikel
+3 # RE: Isaac Caamaño, Presidente do Xaviña FCMikel 14/10/2010 20:10
Boa e interesante entrevista Juanillo..é salsa pura para ti o tema fútbol(hai q nacer)..lástima das últimas palabras q verte Isaac e sinaladas..lame ntable,xa o oin en máis ocasións...moit a sorte a andaina do Xaviña,q por certo,ten unha equipación parecida a do Dépor...está moi ben....saludos a Isaac,ao redactor Cabrejo e como non a Jose de Marta,outro experto na materia....Sort e
Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+2 # Gran entrevista a un bo homediegoalfr 15/10/2010 10:54
Perfecta entrevista Juanillo! Que gusto me dou leer este reportaxe a un gran home querido por todos: Isaac Caamaño. Un gran detalle ao FC Xaviña que sempre terá todo o apoio desde Camarinas.eu

Xa veredes como pronto chegarán os resultados positivos ao gran esforzo que facedes como equipo!!
Denunciar ante o administrador
Duane Duke
+2 # RE: Isaac Caamaño, Presidente do Xaviña FCDuane Duke 16/10/2010 10:15
Si señor, perfecta entrevista Juanillo. Moita sorte pa esta tempada.
Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # RE: Isaac Caamaño, Presidente do Xaviña FCBeldoña 16/10/2010 21:04
Pues yo felicito a los dos: a Don ISAAC CAAMAÑO, por la labor tan encomiabla que está llevando con su equipo, el Xaviña y a Juanillo, pa su magnífica entrevista.

Del fútbol en la comarca, hablo un poco en una breve historieta en el Foro "Historias de Camariñas" que me gustaría leyesen.
Un saludo a los dos.
Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.