5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Encaixe-Camariñas vs. Tui este sábado 9 de outubro no Pavillón Municipal de A Ponte do Porto

O sábado ás 17:00 horas no Pavillón de Ponte do Porto, os colexiados Julio Vullanueva e Gonzalo Piñeiro darán o pitido inicial no encontro correspondente á segunda xornada da fase regular na Primeira División Autonómica Feminina de Balonmán e que enfrontará ao B.M. Encaixe e ao B.M. Tui. Os dous equipos veñen de perder contundentemente ante o B.M. Rasoeiro e o B.M. Porriño respectivamente, por iso se prevé un choque igualado entre rivais directos.

O B.M. Tui é un dos conxuntos que se reforzou notablemente na presente campaña, xa que conta con varias fichaxes procedentes do B.M. Guardés e do B.M. Porriño de Primeira nacional; as tudenses caracterízanse polo seu bo xogo co pivote e a súa experiencia na caregoría, polo tanto as camariñanas terán que amosar a sía mellor cara se queren facerse cos dous puntos. Bruno López, adestrador do Encaixe: “ será un encontro complicado, o equipo arrastra malas sensacións da pasada xornada e estamos a ter problemas para adestrar, pero temos claro que os equipos fanse nas derrotas, e temos a oportunidade de resarcirnos esta semana, penso que a clave estará na defensa sobre a súa pivote e en aproveitar a as transicións en segunda oleada”.

A convocatoria do Encaixe: Sandra –porteira-,  Vero, Ana, Aida, Minchu, Ali e Sara – segundas liñas -, e Jessi, Laura, Karina, Nerea e Cris –primeiras liñas-. Son dúbida Fátima e Juana por motivos laborais, e causarán baixa Sara, por lesión; e Cris Barreiro.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.