5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (2 Votes)

Derrota do Boya fronte ao Rasoeiro

O conservas Boya Camariñas caeu o Sábado ante o Seis do Nadal por 31-26, desperdiciando así unha oortunidade inmellorable de acadar dous puntos fora da casa, xa que o descanso chegou por diante cun esperanzador 12-15. Os Camariñáns comezaron o partido un pouco acelerados e con bastantes desaxustes defensivos, co que os vigueses conseguiron distanciarse ate tres goles 1-4 aproveitando moi ben os erros visitantes, a partires de ahi os visitantes conseguiron asentar un ouco mais o seu xogo ate chegar a empatar primeiro e logo gracias o aproveitamento de algunha superioridade numerica conseguiron adiantarse no marcador e conseguir ate unha diferencia de 4 goles, para rematar este periodo co sabido 12-15 e cun nivel de xogo superior o rival.

{xtypo_rounded_left2}

Clasificación:

SEIS DO NADAL COIA - 6
BUEU ATL - 6
POIO-ARTAI - 2
C.B. CAMARIÑAS- BOYA - 2
GRANITOS CARBALLAL - 2
Clin. DEZA XABAÑUS - 2
TIRSO MOLINA POIO - 2
CLUB BALONMAN DEZA - 0

{/xtypo_rounded_left2}

A diferencia acadada sentou mal os da Costa da Morte, porque a saida do segundo acto pareceron apostar por un intercambio de goles, xa que ainda que seguian conseguindo marcar con relativa facilidade, encaixaban gol tras gol nos ataques do Seis do Nadal, amosando un nivel defensivo pésimo, dando demasiadas facilidades a primeira liña local, que  non necesitaba facer moito para facer dano os visitantes. Transcurriron os minutos e o punto de inflexión do encontro tivo lugar cun 16-19 no marcador arredor do minuto 15 da segunda mitade, os locais eran sancionados cun 7 metros e unha exclusión de 2' co que quedaban en inferioridade, marrouse o 7 metros e os vigueses conseguiron de novo gol en cada ataque, e os visitantes fixeron o que non debían, esqueceronse do feito na primeira mitade e adicaronse a resolver individualmente cando eran un mais, en dous minutos pasouse dun posible 16-22 (se temos en conta que cada superioridade na primeira parte conseguirase un 2-0) a un 18-19 e balón en poder dos olívicos, nese intre chegou unha exclusión nas filas do Boya e o Seis do Nadal conseguiu porse por diante no marcador, cunha ventaxe de dous goles a falta de 10 minutos.

Os locais semplemente tiveron que deixar que pasaran os minutos, xa cos de Camariñas a pesares de ter tempo por diante entregaron o partido, victimas da  ansiedade provocada por eles mesmos, caian nunha sucesión de erros dificil de enumerar, amosando que necesitan mellorar moitisimo para ser un equipo consistente e ser quen de mellorar a sua fortaleza mental nos intres onde se deciden os encontros, e as cousas non están de cara, ahi e donde se coñece o verdadeiro compromiso individual de cada xogador co equipo.

Polo Balonmán Camariñas so Jose Ramón deu un rendimento acorde co que se espera del, polo Seis do Nadal destacaron o seu central na segunda mitade Guille e o seu lateral zurdo Diego.

{xtypo_info}Próximo partido: GAEVA200 Bueu ATL vs. CB Camariñas Conservas Boya - 09/10/2010 19:00{/xtypo_info}

Fonte: http://balonman.blogspot.com/

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.