4.25 1 1 1 1 1 Rating 4.25 (8 Votes)
O CB Encaixe-Camariñas comeza a liga 2010 - 11O Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas comeza a competición ligueira este sábado cun difícil compromiso; o conxunto camariñán visitará o feudo do B.M. Rasoeiro, o encontro terá lugar o sábado ás 17:30 horas no Pavillón Monte da Vila ( O Grove ), os colexiados serán Lucas Crespo e Ignacio Obenza. Os dous equipos debíanse enfrentar na Copa Galiza hai tres semanas, pero ao final a eliminatoria non se dispotou por incomparecencia das pontevedresas, polo tanto o encontro non ten ningún precedente a non ser os da pasada campaña, na que as mecas gañaron os dous encontros con claridade; o conxunto de O Grove é un dos fixos nos postos altos da táboa durante as últimas tempadas, combina veteranía e xunventude nun  cadro no que figuran xogadoras de gran proxección e que veñen de disputar varios Campionatos Nacionais nos últimos anos, o conxunto meco parte coma favorito sobre o papel.

Pola contra o Encaixe tentará dar a sorpresa no feudo pontevedrés, o equipo afronta esta nova andadura na 1ª Autonómica Feminina con moita ilusión e gañas, a escuadra camariñamana presenta sete novas caras con respecto ao ano pasado, as fichaxes procedentes do B.M. Coruña : Minchu, Sara, Jessica e Ana, e as xuvenís Cristina, Nerea e Sandra que están a realizar un boa pretempada. Bruno lópez comenta: “ temos claro que o encontro non será doado, pero confiamos nas nosas posibilidades, o equipo aínda non está ao 100%; non tivemos a oportunidade de xogar moitos partidos de preparación, pero as sensacións son boas; sabemos que o sábado atoparemonos cun equipo cun gran fondo físico, por iso non debemos perder balóns en ataque para facilitar os seus contragolpes, hai que estar fortes en defensa e aproveitar a segunda oleada nas transicións de ataque”.


Na convocatoria figuran: Sara e Sandra -porteiras-; Minchu, Aida, Véro, Sara, e Alicia –segundas liñas-; Laura, Jessica, Karina, Cris Sande e Juana –primeiras liñas-. Son dúbida Nerea, Fátima, Cris Barreiro e Ana; a primeira por lesión e as outras por decisión técnica, de ahí saíran os dous descartes para completar a convocatoria de catorce xogadoras. Belén Moya, non poderá xogar por non ter aínda tramitada a súa ficha.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.