3.7234042553191 1 1 1 1 1 Rating 3.72 (47 Votes)

Foto de familia do CB Camariñas 2010/2011

Este sábado 11 de setembro de 2010 tivo lugar, sempre nas instalacións privilexiadas do Club Náutico e co fondo da Ría de Camariñas como inmellorable compañeiro de travesía, a presentación oficial do Club Balonmán de Camariñas Conservas Boya para a temporada 2010-2011. Acto de presentación que comenzaba pasado o mediodía e que aglutinou ademáis de xogadores, corpo técnico e directiva dun equipo para o que este ano, se marcan obxectivos máximos, cunha nutrida representación do equipo municipal de goberno que incluío aos concelleiros Javier Cabrejo e Mari Carmen Linares e ao alcalde Pichurri, que non se quixeron perder a posta de largo do único dos clubs camariñáns que luce de forma oficial o nome do noso concello nas súas camisetas.

Precisamente este xesto agradecíono de forma especial no seu discurso o Presidente do CB Camariñas, Andrés Cerdeiras, que elixou encarecidamente o apoio e axuda que dende o Concello sempre atopou o Conservas Boya na súa andaina na dura competición oficial. Ademáis do Presidente, tamén tomaron a palabra no acto de presentación o adestrador Dioni, a concelleira Mari Carmen Linares e o alcalde Pichurri que confirmou o apoio que tódolos clubs camariñáns atoparán sempre no Concello. Apoio, sen dúbidas, que xunto ao que os seus diversos patrocinadores prestan a un club emblemático no balonmán galego permite que esta tempada se presente como a da gran expansión do Conservas Boya, na que se configurou unha plantilla equilibrada e de calidade que permite marcar o ascenso á categoría nacional como o gran obxectivo a acadar polos camariñáns. Para elo, o plantel do exercicio 2010/2011 presenta tres novidades importantes; a do porteiro Víctor e o lateral José Ramón, provintes do Oleiros, e a de Salva que chega á Vila das Palilleiras dende Lalín. Precisamente, de terras do Deza arrivaba na tarde do sábado o primer adversario do CB Camariñas na súa andaina na competición oficial, o Xabañus Lalín, que á fin e á postre en encontro disputado no Pabellón Municipal de O Areal acabou levándose o primer choque oficial da tempada por unha ventaxe final de catro tantos.

Camarinas.eu, estivo presente no acto de posta de largo de CB Camariñas para a tempada 2010/2011 e así o estará ao longo dunha longa e dura tempada, na que espera que pese ao pequeno tropezo inicial o CB Camariñas dea o salto de calidade que lle permita aspirar a maiores metas. Non habería mellor proeza para publicar en camarinas.eu e mellor noticia para impulsar o deporte camariñán.

{phocagallery view=category|categoryid=34|limitstart=0|limitcount=0|imageordering=1}

 

Comentarios   

diquro
+2 # fotosdiquro 13/09/2010 15:14
hola, poderias pasarme algunha foto (sobretodo a do equipo todo xunto) para colgar no noso blog?
Denunciar ante o administrador
diquro
+2 # fotosdiquro 13/09/2010 15:15
perdón olvidouseme por o mail blogbalonmano@gmail.comCito a diquro:
hola, poderias pasarme algunha foto (sobretodo a do equipo todo xunto) para colgar no noso blog?
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.