- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 30 Agosto 2010 30 Agosto 2010
Jessica Posse ( Carballo, 1989 ) supón a primeira incoporación do conxunto camariñán para esta tempada; a carballesa ven de xogar as ultimas tempadas nas filas do BM. Coruña e chega ao conxunto do Encaixe para reforzar o posto de central, xa que este ano o equipo non poderá contar con Adriana que deixa a faceta de xogadora para exercer funcións de delegada debido aos problemas físicos que arrastrou durante a pasada campaña. Jessica, é unha xogadora que se caracteriza pola súa boa visión de xogo e disciplina táctica.
Bruno López comezou a pretempada o 23 de agosto con catorce xogadoras ás súas ordes: Alicia, Laura, Sheila, Ana, Fátima, Karina, Verónica, Jessica, Juana, e as xuvenís Aida, Sandra, Cristina, Belén e Nerea; esta semana unirase ao grupo a porteira Sara Morandeira que aínda se atopa de vacacións. A directiva segue a traballar na continuidade da lateral Cristina Barreiro e anuncia que o clube espera dar a coñecer nos próximos días dúas novas incorporacións para reforzar os postos de pivote e extremo.
SARA GONZÁLEZ, SEGUNDO REFORZO DO B.M. FEMININO ENCAIXE-CAMARIÑAS
Sara González Lemos ( Salceda, 1987 ) é o segundo reforzo do Bm. Feminino Encaixe-Camariñas para a presente campaña. A xogadora militou durante as últimas tempadas no BM. Coruña, onde recalou por temas de estudios. Sara chega ao equipo do Encaixe para reforzar o posto de pivote; o adestrador do conxunto camariñán afirma que Sara aportará cousas moi boas a nivel ofensivo, pero que sobre todo dará moita máis consistencia ao equipo en tarefas defensivas, ademáis a xogadora ten experiencia na categoría e caracterízase por ter un gran espírito competitivo.
Sara coñecerá ás súas compañeiras este mesmo sábado, xa que o Escaixe-Camariñas disputará un encontro amigable en A Coruña fronte un equipo masculino de base do B.M. Ártabro. Bruno López, asegura que o encontro servirá para que o equipo vaia adquirindo o ritmo competitivo e para probar algunhas cousas de cara ao comezo de liga, xa que a estas alturas o equipo aínda está moi verde tácticamente: “ será un encontro para que todas as xogadoras teñan minutos e aproveitaremos para coller un pouco de rodaxe en pista, aínda faltan por incoporarse varias xogadoras, pero neste caso viaxaremos con varias xuvenís que están a traballar moi ben durante a pretempada”.
O partido disputarase ás 16:30 horas no pavillón da Sagrada Familia
O BM. Feminino Encaixe-Camariñas comezará a Copa Galicia o vindeiro 12 de setembro, recibindo ao Rasoeiro de O Grove.
Comentarios
eu estuben ai e teño muitos recuerdos destas magnificas compañeiras que son todas!!
bueno que animo a este equipazo que o merecen todo!!!
un bicaso a todasssssssss
...............Elena...............
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.