3.8518518518519 1 1 1 1 1 Rating 3.85 (81 Votes)

Ningunha vila reflexa mellor a ledicia colectiva polo triunfo de España no Mundial que a Ponte do Porto
Ningunha vila reflexa mellor a ledicia colectiva polo triunfo de España no Mundial que a Ponte do Porto
  

O Día da Victoria na Ponte do Porto

Pasarán os anos e os dous redactores que o presente subscriben nunca olvidarán o ambiente máxico que envolveu aquel partido. Era unha noite de sábado de mediados dos 90 na Ponte do Porto dos últimos bos tempos da movida, cando a España lle tocou en sorte desputar os oitavos de final da Copa do Mundo celebrada en Estados Unidosde USA 94 contra Suiza. O resultado final de victoria por tres a cero cun gol de Hierro dende cáseque o medio do campo e outro creemos recordar que de Txiki Beguiristain dende o punto de penalty parecía augurar maiores empresas finalmente cortadas en seco por un codazo de Tassoti, unha pifia de Julio Salinas e un golazo de Roberto Baggio. Pero aquel ambiente patriótico e febril vivido no Pub Palma Nova, de bandeiras españolas, fume de tabaco e humidade de cuba-libre, cunha aficción volcada e frenética ca selección española, nunca será olvidado por aqueles dous entón adolescentes co tempo vidos a redactores de web multitudinaria e plusmarquista de tódolos récords. Por elo no momento da victoria, no intre no que quedaron exorcizados para sempre tantos sinsabores, tantos fracasos, tanta penuria colectiva, constituía unha débeda moral dos creadores de camarinas.eu render a homenaxe debida á unha vila como a Ponte do Porto, patriótica como ningunha, a través dunha reportaxe captada na noite de autos pola nosa redactora Estela. Imaxes dunha pasión común, dun alborozo frenético, no día en que España se coronaba como dona do mundo. Pasión como a duns xoves camariñáns que decidiron asistir ao triunfo inapelable da Roxa dende a Praza de María Pita na Coruña e que toda España puido ver a través das imaxes de TVE. Imaxes do 11 de xullo de 2010, o día que todos recordaremos durante o resto das nosas vidas.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.