- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 12 Xullo 2010 12 Xullo 2010
O Café Bar Arnela, sede oficial de camarinas.eu durante o Mundial, explotou de ledicia ca victoria española
Caballería Roja
Foi o libro de relatos cortos do malogrado escritor soviético de orixes xudeas Isaak Bábel "Caballería Roja" o que inmortalizou ante a historia as andanzas do lexendario Primer Exército de Cabalería que baixo o mando do mostachudo Xeneral Budionni nunha épica campaña militar expulsou en 1920 aos exércitos polacos de Ucrania para, tras perseguilos de forma incansable a través da campiña polaca, finalmente fenecer ás portas mesmas de Varsovia nunha triste e polémica batalla final. Algo do empuxe, da garra, da fe na victoria, do compañerismo a todo trance que caracterizou a aquelas tropas formadas polos poucos cosacos que se puxeron do lado do poder soviético na Guerra Civil Rusa tiveron as andanzas da Selección Española no Mundial de Sudáfrica 2010: un torbellino, un furacán, de xogadores enfundados nunha camiseta roxa que co fútbol, o bo fútbol, e a sabiduría aristotélica dun home sensato no banquillo como únicas armas, levou a cabo nos días iniciais do verán do 2010 polos campos do cono sur africano unha exitosa e impecable campaña futbolística que recordaremos ao longo de todas as nosas vidas. E que a diferencia do acontecido en Varsovia en setembro de 1920 tivo un final feliz, épico... Foron días únicos, inolvidables, de comunión e patriotismo, nos que se esperaba cunha fe cáseque relixiosa o momento do estoupido colectivo que significaría o gol salvador; días de orgullosas bandeiras españolas engalanando ventanas e balcóns das casas de Camariñas; de rapaces e maiores enfundados na sacrosanta camisola roxa; de coches e pitidos e bandeiras ao vento polas rúas dunha vila eufórica; días de pinturas de guerra, para adornar afortunadas caras e atemorizar ao enemigo... Os días máis felices (futbolísticamente) das nosas vidas.
Foron días en que camarinas.eu convertío o Café Bar Arnela na súa sede oficial na que xunto ao Senado futbolístico máis variopinto e característico da Costa da Morte (formado xunto aos fichaxes estrela do momento, por un núcleo duro integrado por Juan do Penedo, Manolo O Panadeiro, Jose Antonio, Juanillo, Soto, Pedro de Marisa, os dous redactores que o presente subscriben, etc...) contemplou o exitoso deambular balompédico da Selección Española polas benditas terras sudafricanas. Momentos máxicos que se viviron en xuño do 2008 volvéronse a repetir no ambiente único, diferente, do bar paradigmático do Distrito de Corea. Alí estaban todos (uns máis cargados, outros menos) cara ás 20:30 horas do domingo 11 de xullo de 2010 no que España ía a converterse en dona do mundo.... "The World is Yours", que diría Al Pacino no mítico film Scarface... Só unha baixa de última hora: o canciño talismán Bénder que, ante o sonido trompetero e claustrofóbico das vuvucelas coreanas, aqueixado dun medo insuperable tivo que ser devolto ao confortable e cálido fogar no que exerce como amo absoluto. O bico casero finalmente tivo o seu efecto salvador e España acabou impoñéndose a unha navajera Holanda, o equipo máis sucio e leñero que se recorde por estes pagos. Triste imaxe a que deixaron os neerlandeses nas terras tan brilantemente colonizadas polos seus antepasados hai xa máis de trescentos anos.
Cumpríose o sono, convertémonos finalmente en campeóns do mundo tras tantos anos de fracasos colectivos, despois de tanto sufrimento, pero alí, no momento embriagador da victoria, un redactor non puido evitar recordar as esceas iniciais dunha das máis entrañables películas arxentinas. Tratábase de "Plata Dulce", interpetada en 1983 por Federico Luppi e Julio de Grazia, ambientada nos tristes e opresivos días da Xunta Militar e que arrancaba co día posterior á victoria albiceleste no Mundial de 1978. A vida continuaba, un luns corrente de tantos no que había que ir a traballar... A vida sempre segue igual.



































Comentarios
Por último, ahí vai un homenaxiño a un home que representa como ninguén a furia e a coraxe española, o gran Jose Antonio "el Macho" Camacho berrando no gol de Iniesta...¡Outr o Crack!
Eu en pulpos meijos, creer non creo, pero habelos, hailos. Unha verdadera tolería.
Prefería estar no Arnela,que, polo menos, había xente mais tranquila.
¡¡¡ AÚPA ESPAÑA !!!
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.