- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 04 Xullo 2010 04 Xullo 2010

Un soño feito realidade
Un redactor que o presente subscribe tivo o seu bautismo futbolístico de fogo contemplando a esperpéntica actuación de España no lexendario Mundial de 1982 e ao longo dos anos fui asistindo entre impotente e cariacontecido ás sucesivas e inevitables eliminacións da Selección Española nas grandes citas mundialísticas e eurocoperas, case sempre adobadas de motivos chuscos e ridículos, polo que nunca creío que os seus xa mui allados ollos puideran ver un día o que viron cara ás 10:15 do mui histórico 3 de xullo de 2010 no Café Bar Arnela. España clasificándose para unha semifinais do Campeonato Mundial. Nembargantes, dous anos antes nese mesmo local paradigmático do Distrito de Corea contemplou como España vencía a potente Alemania na final dunha Eurocopa.Efectivamente nas grandes citas cumpre envolverse no ambiente máxico, especial, do Café Bar Arnela. Rodeados dun sabio senado futbolístico, formado en parte por ex-xogadores míticos do fútbol da Costa, como por exemplo un Manolo do Panadeiro que soubo profetizar no partido que enfrontaba a Uruguay con Ghana que un xogador tan desprestixiado futbolísticamente por estes lares como Washington Sebastian Abreu (aquel que formou unha letal dianteira do Deportivo xunto ao Manteiga Martínez) tiraría o seu decisivo penalty ao estilo Panenka; ou do noso querido veciño de Corea J.A., o gran animador das citas decisivas; ou do canciño talismán Bénder: todo fui ir bicalo e marcar ipso-facto Villa. E todo elo logrouse tras un partido no que sufrimos como condenados e no que os epítetos e adxetivos calificativos referidos ao árbitro guatemalteco (¿?) e a un novamente desdichado Fernando Torres inundaron o local. Parte do soño de toda unha vida está cumprido. Agora toca Alemania ás 20:30 horas do mércores 7 de xullo de 2010, festividade de San Fermín. No Café Bar Arnela,obviamente
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.