4 1 1 1 1 1 Rating 4.00 (59 Votes)

Regata con polémica arbitral

Caras de póker para un regatistas camariñáns que viron impotentes como se lles escatimaba un novo triunfo
Caras de póker para un regatistas camariñáns que viron impotentes como se lles escatimaba un novo triunfo

Celebrábase na mañán deste sábado 26 de xuño de 2010 unha importante regata de vela na Ría de Camariñas presidida ao decir dos entendidos por un gran regatista de talla internacional, o coruñés Roberto “Chuny” Bermúdez de Castro, o cal xentilmente achegouse ata a nosa vila para presenciar as evolucións dos xoves regatistas da Costa da Morte e entregar as medallas que premiarían a aqueles que resultasen ser os mellores desta nova singladura náutica da Liga de Vela deste recuncho olvidado da Costa Atlántica. Nembargantes, eses mesmos trofeos que deberían premiar as inocentes evolucións velísticas dos nosos confiados regatistas víronse empañados novamente polas polémicas decisións dos xuices. As supostas relacións directas destes últimos con algún dos clubs naúticos en liza virían a ser determinantes dun novo expolio perpetrado contra os regatistas camariñáns, especialmente contra a embarcación da Clase Omega. Impotente ante este novo fraude que privaba aos regatistas do CNC do xusto recoñecemento aos seus máis que merecidos méritos marítimos asisitío a redactora náutica de camarinas.eu, Estela, que captou en exclusiva para a nosa web máis de 80 imaxes e dous impresionantes vídeos que reflexan en toda a súa crudeza este novo pillaxe velístico cometido diante dun dos máis recoñecidos regatistas internacionais.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.