3.9761904761905 1 1 1 1 1 Rating 3.98 (42 Votes)
A parroquia do Arnela congregouse no gran bar de Corea para apoiar á España como un só home
A parroquia do Arnela congregouse no gran bar de Corea para apoiar á España como un só home

Con España no Arnela

Baixo o influxo especial, distinto, do Café Bar Arnela os redactores de camarinas.eu viviron momentos tan sinalados e históricos como o triunfo de España na Eurocopa 2008 un día de finais de xuño dese mesmo ano ou o impresionante e agónico ascenso a Segunda A do Cartagena de Juanillo outro entrañable domingo de finais de xuño do 2009.  Por elo o trascendental partido a vida ou morte que este venres 25 de xuño de 2010 enfrontaba a España con Chile por un posto nos oitavos de final do Mundial de Sudáfrica había que vivilo no bar emblemático do Distrito de Corea. En datas así, cando algo importante que nos une a todos está en xogo, toda a parroquia futbolera do Arnela olvida os seus colores e os seus (moitos) seguidores do Barça, os (combativos e bullangueiros) do Deportivo e os (algún perdido, un, dous, a veces nin eso) do Real Madrid forman un só home entregado en corpo e alma de levar aos seus cara a victoria. Por elo, co bar aos topes de aficcionados e con tapas de paella e camarón desfilando como regueiros de pólvora pola barra e as mesas, a victoria de España sobre os chilenos (que ao decir dalgúns contarían co seu propio hincha no bar, un posible caso de Traición a la Patria) vivíose con tensión contenida e algo de medo ao principio vistos fracasos estrepitosos anteriores, pero despois do segundo gol de Iniesta e a conseguinte expulsión de Estrada, o ambiente cubateril explosionou en toda a súa magnitude, os cubatas empezaron a correr como a auga e, claro, a atmósfera relaxouse un pouco. Nin siquera o gol chileno a comenzos da segunda metade servío para impregnar de tensión uns corazóns relaxados xa de máis. A elo contribuío sen dúbidas o certo tufillo a tongo que presidío os instantes finales do partido. En fin, agora toca o Portugal de Cristiano Ronaldo o martes 29 de xuño ás 20:30 horas. No Café Bar Arnela

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.