- Escrito por juan cabrejo juan cabrejo
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 09 Xuño 2010 09 Xuño 2010
O ascenso a un paso

O redactor de deportes de Camarinas.eu Juanillo comentará o vital partido do Cerceda en Radio Voz
Nun día sinalado para todos os xiareiros que aman de verdade ao fútbol, aquel no que un dos mellores mediocentros que vío o deporte rei en toda a súa historia, Fernando Carlos Redondo Neri, cumpría 41 anos, o Cerceda de Juanillo daba un paso de xigante nas súas aspiracións de acadar o tan desexado ascenso a Segunda División B. Nun partido pletórico, os discípulos do focense Nacho desfacíanse sen maiores problemas dos rioxanos do Alfaro, clasificándose para a derradeira eliminatoria da fase de ascenso na que si superan aos aragoneses do La Muela acadarán un soño longamente desexado. Unha comitiva camariñana presidida por Juanillo asistío dende os graderíos do Estadio de O Roxo a unha nova victoria do Cerceda que pode chegar a ser definitiva dependendo do que suceda nos dous derradeiros partidos da temporada, partidos aos que o mellor xogador da historia da Costa Atlántica e redactor en xefe de deportes de Camarinas.eu asistirá dende a cabina radiofónica de Radiovoz, comentando as incidencias dos mesmos. Así que xa sabedes, toca xornada de transistores escuitando este vindeiro domingo o sabio maxisterio futbolístico do Mago de Corea.
Tremendo o partido que xogamos diante do Alfaro no que remontamos a eliminatoria e agora estamos a tan só 180 minutos da Segunda División B. Clave foi o gol antes do descanso que servía para empatar a eliminatoria. No sejundo tempo foi un monólogo do Cerceda que pasou por ensima do Alfaro consenjindo 2 joles máis para o noso casillero que ben puderon ser aljúns máis. Unha fijura indiscutible tuvo o partido, FELIPE, o noso delantero que fixo un hat-trick, marcou os 3 joles de Cerceda que sirvennos para chejar a última eliminatoria na que nos toca bailar con LA MUELA, un equipo aragonés, sercano a Zaragoza. O primer partido será este domingo próximo en Cerceda as 18:30 horas. A ver si temos suerte para levar un bo resultado para terras aragonesas. Un saludiño a todos

Comentarios
P.D.: Por aquelo de optimizar esforzos innecesarios nun depauperado funcionario humilde (Real Decreto-ley 8/2010, de 20 de mayo, por el que se adoptan medidas extraordinarias para la reducción del déficit público), ¿non poderías Juan poñer este domingo á tardiña unha radio xigante no Arnela e así xa era todo máis fácil?
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.