- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 26 Mai 2010 26 Mai 2010

Camarinas.eu fixo un importante esforzo este domingo para captar todas as imaxes dun día histórico
Camarinas.eu procede a publicar a segunda parte da súa reportaxe adicada ao día máis importante na historia do balonmán camariñán, aquel no que a selección da mesmísima Inglaterra chegou a disputar nas nosas terras un encontro internacional contra un combinado galego e faino cunha superreportaxe da máxima calidade integrada por 250 fotografías que recollen todos os instantes dun día máxico e pola crónica dun dos mellores xogadores españois de balonmán e peza clave da Selección Galega: Víctor Vigo. Porque tan só o líder intratable deste pequeno recuncho illado chamado Costa da Morte podía ser quen de chegar a ter infiltrado nun evento do calibre do disputado este domingo ante uns graderíos ateigados do Pabellón de O Areal a un dos seus redactores, o cal aproveita para finalizar a súa crónica felicitando a Industrias Cerdeimar polos seu 125 anos de existencia, aniversario que ven a ser o feliz corolario de toda unha vida adicada a contribuir decisivamente ao desenrolo de Camariñas como concello e do balonmán como deporte. Felicitacións ás que se une a redacción de camarinas.eu.
Importante iniciativa por parte de Industrias Cerdeimar e do concello que fixeron posible a realización dun torneo de gran categoría, onde se puido ver un balonmán de certo nivel e tamén a calidade de xogadores contrastados no deporte. Extradeportivamente, a xente que participou na convivencia, rematou contentísima co trato e ca vivencia en si, xa que pasamos un día moi ameno e divertido visitando os recunchos máis característicos do noso pobo.
Un bo partido do Boya, que estivo tanteando cun equipo da parte alta da primeira nacional. O aspecto físico foi a clave dun encontro que os camariñans levaban ben encamiñado ata que se lle acabaron as forzas. Os coruñeses máis acostumados nestas batallas viron esa fenda aberta pola cal lle fixeron moito dano e así gañar o partido. Destacar tamén a participación de Fabián e Cristian no conxunto coruñés, que xogaron a un gran nivel como o levan facendo todo o ano e ademáis tendo papeis principais no seu equipo.
Aínda que comezamos moi ben o encontro, cun parcial abultado, a selección isleña, á que se lle vai notando a melloría a marchas forzadas xa que son bastante novos neste deporte, presentounos bastante guerra. Gracias os seus sistemas defensivos, moi profundos, e a intensidade que marcaban, foron capaces de reducir a diferencia e así ao descanso marchamos cun marcador axustado. Na segunda metade gracias o axuste defensivo e o gran día que tiña a nosa portería, fomos capaces de romper o partido e levalo con máis tranquilidade ata o remate do encontro. Así poideronse ver xogadas máis espectaculares cas que o público disfrutou de grata maneira.
Para rematar desexarlle un feliz 125 aniversario a Industrias Cerdeimar e en especial aos seus responsables Andrés Cerdeiras e familia que tanto fixeron por Camariñas e polo balonmán. Moitas felicidades e esperamos que polo menos cumplades outros 125 anos máis.


















































































Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.