4.0285714285714 1 1 1 1 1 Rating 4.03 (70 Votes)

As primeiras imaxes dun día histórico

 

Un domingo cheo de actividades adicadas ao balonmán en Camariñas no 125 aniversario de Cerdeimar
Un domingo cheo de actividades adicadas ao balonmán en Camariñas no 125 aniversario de Cerdeimar

 

Este domingo 23 de maio de 2010 pasará a historia como aquel no que se fixo por fin xustiza á labor desenrolada durante tantos anos dende o Concello de Camariñas a prol do balonmán ca disputa dun partido do máis alto nivel entre as seleccións de Galicia e Inglaterra. Para honrar este día elaborouse un amplo programa de actividades que comenzaba a eso das 11:30 ca recepción oficial dos contendentes na Casa de Pedra e na que o Alcalde camariñán resaltou a labor que a empresa Cerdeimar realizou na promoción do balonmán neste concello. Proseguían as actividades cunha visita ao Faro Vilán e ao museo deste, a Reira, ao Cemiterio dos Ingleses, onde os xogadores británicos levaron a cabo unha emocionada ofrenda floral aos náufragos do Serpent e finalmente polo noso flamante e fermoso Paseo Marítimo. Cara ás 14:00 e despois de tomar uns aperitivos polas terrazas da vila tocaba comer e así se fixo en irmandade como membros dunha amplia delegación que reunía deportistas, técnicos, políticos e ata algún xornalista. Así a comitiva repartíase entre dous restaurante camariñáns sendo as seleccións absolutas de Galicia e Gran Bretaña as que comeron no Villa de Oro e os equipos do Oar Coruña e do Conservas Boya no Victoria. Despois cara as 5 da tarde con todos os xogadores a punto comezaría o Torneo 125 Aniversario Conservas Boya pero esto, queridos usuarios e lectores de camarinas.eu deixámosllo que volo explique nun próximo artigo un dos mellores xogadores de balonmán de España: o redactor de Camarinas.eu Víctor Vigo, que escribirá a crónica do acontecido nos partidos que enfrontaron aos equipos Oar vs. Boya Camariñas e Galicia vs. Gran Bretaña. Todo un luxo!

{multithumbs}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.