- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 22 Mai 2010 22 Mai 2010
Máis campeóns camariñáns

Aníbal e Jordi posan felices e orgullosos cas medallas que os acreditan como campeóns provinciais
Se ben tradicionalmente o Concello de Camariñas foi unha terra que sempre dou excelentes xogadores de fútbol ("Camariñas e Fisterra, as vilas onde saen futbolistas de debaixo das pedras") e balonmán, non soía ocurrir o mesmo cun dos deportes que maior número de seguidores ten no noso país: o baloncesto. Esta situación ven de ser remediada nos Campeonatos Provinciais disputados na Coruña este sábado 8 de maio de 2010, onde un habitual das nosas páxinas deportivas se ben na categoría dos deportes de vela ata o de agora, Aníbal Pasantes, fillo da porteña Estela e do camariñán Ramón de Dulia, se proclamaba campeón provincial de baloncesto co equipo do Compañía de María de Santiago de Compostela. Prácticamente ao seu carón, nun día glorioso para o noso deporte proclamouse no ámbito do balonmán asemesmo campeón provincial co equipo da Escola Municipal de Camariñas Jordi de León, fillo de Luis de León veciño de O Allo na Ponte do Porto e de Beatriz, un título que consolida aínda máis si cabe a hexemonía dos nosos no ámbito da Costa da Morte. Alí, no lugar e día de autos atopábase a nosa querida usuaria Estela que non deixou pasar a oportunidade de inmortalizar dous dos momentos máis importantes das vidas destes dous xoves campeóns camariñáns.
{multithumbs}

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.