- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 20 Mai 2010 20 Mai 2010

O Expert Ameal, semifinalista por dereito propio no gran torneo de masas da Costa da Morte
Comisión de Sabios Expertos
Foi Napoleón Bonaparte o que tras unha intensa vida de inacabables reunións de sobremesa, de intrigantes corrillos en gabinetes ministeriales e sucesivas campañas militares victoriosas chegou a unha acertada conclusión: "Si quieres que algo se demore eternamente, nombra una comisión". Esta frase atribuida ao vencedor de Leipzig, Jena e Austerlitz ven a suliñar o carácter directo, resolutivo e executivo da decisión individual do héroe, do caudillo, frente á indecisión, maniqueísmo e irresolución característica dos órganos colexiados. Sen embargo errores garrafais nambas formas de actuar a historia mostra unhas cuantas e así, por poñer un caso, na Campaña de Rusia de 1812 atopamos como aquelo que os franceses querían conseguir a toda costa, a conquista de Moscú, foi a súa perdición (exemplo de decisión personalísima e intransferible), mentres que o que os rusos trataron de evitar por tódolos medios, abandonar Moscú á súa sorte, foi a súa salvación (caso de decisión de órgano colectivo representado no Alto Mando Militar dirixido por Kutúzov). Probablemente nestas ironías do destino iría reflexionando amargamente Napoleón mentres retornaba polos campos xeados de Rusia tras arruinar un exército de 691.000 homes. Aquí en España temos exemplos tanto de gobernantes que practicamente en solitario levaron ao país á quiebra, como de comisións de cráneos privilexiados que para nin escombro valeron. Así, estaban os casos da Comisión de Investigación do 11-M ou o da comisión de sabios que tiña por obxecto elexir o modelo que reorganizaría RTVE. A estas dúas ven de sumárselles este último domingo unha incluso de maior relevancia: o comité de sabios expertos formado polos membros de todos aqueles equipos xa eliminados no Campo de Batalla de O Areal, que dende uns ateigados graderíos puxéronse a ponderar os méritos duns e outros e lograron evacuar un sesudo dictamen do alí visionado. Con todo, este veredicto non agradou en toda a súa magnitude ao membro da Organización que foi quen de poñer en marcha o maior éxito deportivo en décadas no Concello de Camariñas (exemplo de decisión de órgano unipersonal), para despois, entre todos, lograr o maior exemplo de éxito mediático-deportivo da historia da Costa da Morte (exemplo de decisión de órgano colexiado).
Vamos indo catro, vamos indo camiñando cara a final de Copa, atrás quedaron grandes promesas do futbol, grandes ilusións e muitos cabreos. Este domingo xogáronse os partidos de ida da semifinal da copa mais xogada (en tempo, xogo e partidos) de todas as copas, a temporada fui muy larga para os noventa participantes que deixaron sudor e lágrimas pola pista dos Areales, as forzas flaquean, e as lesións son cada vez máis habituales.
A primeira semifinal, que enfrentou ao Moleda/Dario contra o Capelo/Kerubin, caracterizouse polos fallos do juardamallas Luis Carballo, cousa rara en el, que normalmente é un baluarte debaixo dous tres paus, porteiro que xunto co Moro, Titin , Manel e Fran é un claro favorito para o Trofeo Zamora. O partido rompíose con unha incursión pola banda dereita do xogador Litos do Moleda, que en xogada personal recorrío todo o campo e parte da acera de enfrente para encasquetarlle un trallaso con todas da ley que sorprendío por baixo ao porteiro, aos xogadores, ao árbitro, ao sobriño do árbitro, ao irmán do da mesa, ao presidente da mesa e a un rapacillo que andaba por ali comendo unha piruleta de fresa e nata, a partir de ahí sanseacabó o partido e o Moleda de Nando paseouse polo campo deixando no marcador que reina a parede de bloque antihumedad fondo noroeste do pabellón o resultado contundente de 3-1, que os deixa pe e tres cuartos de perna na final de copa.
Na seguente semifinal que enfrentaba aos de Ameal co Puerto Arnela pouco teño que decir, pois a pe de pista non se ve o transcurrir do partido de igual forma que sentado na grada, comento pipas e bebendo CocaCola en botella de plástico que Tiendas Rocio ten a ben de surtirnos na máquina enxaulada e encarcelada de golosinas y bebidas varias que ten en concesión no pabellón, decia eu, que este partido non o podo redactar, pero según alguns entendidos da grada sur o Ameal tuvo mais ocasións de gol que o Arnela, polo que merecío ganar por diferencia de ocasións e de xogo. Cabe decir que para estes entendidos de futbol xoga en contra das súas sabias opinións que ahora mismo están sentados na grada e eliminados desde xa fai tempo, e a súa sabiduria e visión de xogo non lle valío máis que para sentarse e ver os partidos desde a grada, e como non xogar de teloneiros dos catro mellores equipos da copa. O partido acabou en empate e deixa a decisións de quen xogará a final para o partido de volta.
Comentar que o domingo varios rapaces que solen xogar detrás do telón do fondo, descargaron un extintor contraincendios, o que lle costou a este que escribe a consiguiente bronca por parte do Concello, bronca máis que merecida, polo que desde hoxe mismo pedímoslle aos pais dos rapaces que vixíen un pouquichiño máis aos fillos de cada un, ou de cada quen, e tamén a partir de hoxe queda totalmente prohibido xogar a nada nin con nada detrás das lonas, escribo, digo y ordeno.
Comentar que o domingo varios rapaces que solen xogar detrás do telón do fondo, descargaron un extintor contraincendios, o que lle costou a este que escribe a consiguiente bronca por parte do Concello, bronca máis que merecida, polo que desde hoxe mismo pedímoslle aos pais dos rapaces que vixíen un pouquichiño máis aos fillos de cada un, ou de cada quen, e tamén a partir de hoxe queda totalmente prohibido xogar a nada nin con nada detrás das lonas, escribo, digo y ordeno.
Capelo Kerubin - Moleda Dario 1-3
Expert Ameal - Puerto Arnela 2-2
(Sábado 22/05/2010)
17:00 h. Capelo Kerubin - Moleda Dario
18:00 h. Expert Ameal - Puerto Arnela.
Antes, as 16.00 horas xogaran o partido no seu particular triangular entre Os Boliños- Lago Lin.


























Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.